La Coctelera

VIGO – FERROL : GNSV CONVOCA DUAS MANIFESTACIÓNS EN DEFENSA DO LITORAL

DIFUNDE

EN DEFENSA DO GALEGO

A lingua galega forma parte do noso medio. Na lingua depositase toda a riqueza dunha cultura. A través dela maniféstanse os elementos que a fan única e xenuína: É o vehículo de transmisión das tradicións. Na lingua susténtanse os usos sociais que confiren identidade á paisaxe. As linguas son efecto pero tamén orixe da diversidade. Por iso a lingua é tamén unha causa medio ambiental. A nosa está ameazada porque estase a cuestionar o seu lugar no sistema educativo onde debería cristalizar.

MOBILÍZATE EN DEFENSA DA LÍNGUA

DOMINGO 17, DIA DAS LETRAS GALEGAS

MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

ESTAMOS CO SECTOR LÁCTEO GALEGO

O que del queda non pode mais coa presión da gran distribución. Cunha cuota láctea moi por debaixo do consumo, Galicia non pode competir con Francia, cuia producción é excedentaria e que pode permitirse o luxo de exportar leite por debaixo dos costos de producción. As transnacionais do sector aproveitan a situación para praxcticar o dumping facendo uso do envasado nas chamadas “marcas brancas”. Pechan factorías. Miles de explotacións están tamén ameazadas de peche. Un novo pao para o rural galego. Un dos mais brutais da súa historia chea deles. E un golpe mais para afondar na crise económica. Seguindo rutinas, os políticos afastan o rural dos seus cálculos económicos. E, quén o ía dicir, ao mellor no rural hai unha saída ( podedes ler o artigo do, coma sempre lúcido, Marcelino Fernández Mallo en Vieiros)

Pero tamén nós, os que queremos consumir leite galega, por calidade e por sostibilidade, estamos co noso sector lácteo.

POR QUÉ A SOBERANÍA ALIMENTAR

Porque a alimentación é unha preocupación básica do ser humano pero asemade un dereito recoñecido por Nacións Unidas.

Porque ese dereito está a ser vulnerado en multitude de países debido á implantación invasiva do modelo industrial na producción de alimentos, que lonxe de garantir que estes cheguen a toda a xente está a crear enormes bolsas de pobreza e de fame no mundo. Millóns de persoas son desprazadas continuamente dos seus asentamentos e apartadas do seus modos de vida tradicionais cara a periferia das grandes cidades onde engrosan a masa de poboación empobrecida. As veces (moitísimas veces) esto acontece da man da violencia, promovida polos propios gobernos ao servizo das grandes transnacionais da alimentación. Porque todo isto está a conducir ao mundo a unha crise de alimentos sen precedentes

Porque o modelo neoliberal aplicado á producción de alimentos está a desequilibrar os ecosistemas, liberando inxentes cantidades de contaminantes en forma de agrotóxicos e transxénicos, afectando gravemente á biodiversidade, provocando o abandono do rural e impoñendo os modos de asentamento e a organización do territorio mais insustentable que imaxinarse poida. Porque iso ocorre tamén aquí e agora.

Porque esta situación tamén está a afectarnos a nós, a pesar de non padecer desabastecemento de alimentos e a pesar da gran oferta de comida. Porque moita dela se produce a moitos kilómetros de distancia, fora dos seus ciclos normais e nos entornos sociolóxicos e ecolóxicos de producción antes descritos e que moitos rexeitamos: Temos cada vez menos control sobre os alimentos que consumimos, sabemos pouco o nada sobre a súa orixe, e carecemos de garantías sobre a súa seguridade para a saúde.

Porque esta situación ten alternativa. Podemos esixir o noso dereito á soberanía alimentar: "O dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, acesíbeis, producidos de forma sustentábel e ecolóxica, e o seu direito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo”. Así foi definida en 2007 no Foro de Nyéleni, en Sélingué (Mali).

Tamén nós podemos facer valer este dereito exercendo o consumo responsable, apostando polo comercio xusto e transparente, polos productos de procedencia local e agroecolóxica e rexeitando os producidos con transxénicos e completamente artificializados polo uso indiscriminado de químicos. Podemos esixir información e podemos decidir. Podemos apostar pola saúde, a xustiza e a sustentabilidade.

En Galicia varios colectivos traballan neste eido desde distintos ámbitos: Na xestión de cooperativas de consumo responsable e comercio xusto, na creacción da conciencia social necesaria para exercelo ou na denuncia dos procesos que pouco a pouco nos conducen á perda da nosa soberanía alimentar como a introducción de transxénicos nos nosos cultivos, o desmantelamento de sectores productivos locais (cabe lembrar agora o dramático abandono do sector lácteo á súa sorte) e tamén a desatención en canto a dotación de servizos do rural, provocando o seu abandono e con él un xeito de vida e toda unha cultura alimentar. Algúns destes colectivos son:

· Cooperativas:

A Xoaniña

Eirado

Semente

· Asociacións, ONGs, etc.:

Amarante

A Cova da Terra

Fundación Galicia Verde

Panxea

Verdegaia

Rede galega de consumo responsable

Iniciativa pola soberanía alimentar dos pobos

 

AGADER E OUTRAS LERIAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Leva aí dende 2000, a axencia multioficina (unha oficina por comarca, ou duas, como en Ferrolterra- Ortegal, 33 en toda Galiza), varios traballadores en cada unha , miles de millóns de euros procedentes maiormente da UE para xestionar en desenvolvemento rural.

A chegada dos fondos europeos foi recibida no seu momento con entusiasmo. Creouse entón a gran rede que ía administrar os cartos e aí rematou o interese político polo tema. Non se produciu debate sobre os fines aos que se ían destinar eses importantes recursos. O diñeiro e a súa rede de distribución convertíronse en fins por sí mesmos. O grande éxito de comarcas como Ortegal non son os proxectos levados adiante senón o feito de contar cunha oficina propia do AGADER.

Poren sabemos xa que moitos dos proxectos que costearon ou contribuíron a costear os fondos europeos constitúen un escandaloso despilfarro: O seu uso non pasou do día da inauguración (La Voz de Galicia, nov. 2008). Dese tipo de cousas sabemos ben neste concello ao que os centros de interpretación (muíño de vento, muíño de mareas, aldea rural: un verdadeiro furor) van empezar a saírlle polas orellas, aínda que non os vimos nunca funcionar e non sabemos exactamente para qué van servir. Sabemos pola contra que a rehabilitación de cada un deles leva costado xa o que nos costaría a calquera restaurar sete vivendas unifamiliares. Acontece, presumiblemente, que se carga nos presupostos de obra os gastos de sosteñemento das mesmas institucións que os promoven, nomeadamente en recursos de persoal, tanto se chamen fundacións como concellos. É o caso ejemplar da Fundación Ortegalia, aspirante a todo tipo de axudas, convenios e fondos, europeos ou non: O medio constituido en fin.

Buscando na rede atópanse fácilmente os proxectos financiados por AGADER na comarca, que cada quen pode valorar se serviron ou non ao fin para o que foron instituídos. Mais laboriosos de rastrexar son os fondos europeos xestionados pola Deputación e outras administraccións da Xunta, pero hai constancia de que foron de enorme cuantía.

A pregunta é se houbo desenvolvemento rural que xustifique a morea de cartos investidos. A resposta nola dan as cifras, nomeadamente as de despoboamento: En Ortigueira 1220 habitantes menos e 92 aldeas abandonadas no transcurso de dez anos. Creacción de emprego, escasa e por debaixo das previsións. Innovación nengunha. Aumento das actividades agraria e forestal, cero. Mellora das condicións de vida nas parroquias, inexistente.

Despois de oito anos, AGADER difunde once “iniciativas de éxito no rural” financiadas pola súa institución en toda Galiza. Nove proxectos galegos certamente encomiables que se levaron adiante co empeño dos particulares que os concebiron. Constitúen o modelo: Son propostas innovadoras, sostibles e viables relacionadas coa agricultura, a gandeiría e o sector forestal que serviron para dar un pulo económico á súa comarca. Pero supoñen un número de éxitos insignificante. No balance, os resultados non responden da cuantía dos fondos investidos e da estructura administrativa que comporta xestionalos. Foron oito anos de esterilidade, oito anos perdidos na creacción dun tecido productivo e sólido no ámbito rural, quizais a mais factible das saídas á crise na nosa comunidade (ver enlace).

NOS TAMÉN SOMOS AXENTES SOCIAIS

 

Núñez Feijoo quere protexer o litoral, quere ordenar o territorio e quere facelo coa participación dos “axentes sociais”. Eso manifestou no seu discurso de investidura e coa intención expresada deberiamos concordar plenamente. Xa está ben de indeterminación xurídica no urbanismo, na protección do litoral e no uso do solo. Non temos dúbida de que esa é a orixe da corrupción, da desorde, do feísmo, e de abusos de todo tipo. Acabemos con iso. Requírese facer o que non soubo ou non quixo (perdeuse en consideracións de oportunidade política) o anterior executivo: Se houbese unha lei de protección do litoral aprobada non precisaríamos, en efecto, prorrogar a moratoria para construír nos primeiros 500 metros de costa, medida xeneralista e arbitraria que non responde a condicións concretas de cada lugar.

Poren, e por desventura, temos a sospeita de que as xuiciosas verbas de Feijoo están lonxe de significar o mesmo para todo o mundo (qué versátil se volveu a linguaxe, que xa nada significa algo con certeza). Tal presunción procede da designación por Núñez Feijoo dos “axentes sociais” aos que vai ofrecer participar na elaboración deste proxecto de ordenación. O presidente entende que estes son en primeiro lugar os empresarios da construción, os seus mais destacados interlocutores desde que se sabe presidente da Xunta; e en segundo e último lugar, que escoitáramos, os representantes dos municipios, que ademais, para que non haxa enoxosas discrepancias, coinciden en todo punto cos primeiros: A saber, fundamentalmente en que aquí non houbo nin hai desorde urbanística ningunha, salvo a provocada pola moratoria dos 500 metros. Por suposto que estes “axentes sociais”, se declaran firmes defensores do litoral, da sustentabilidade e do medio ambiente, e proclaman a súa intención de seguir a obrar na súa defensa, como fixeron ata agora, que ninguén o dubide.

De feito, o actual modelo de ordenación urbana llelo debemos en exclusiva a estes dous "axentes sociais". E tamén a unha lei feita á súa medida, pensada para poder ser contravenida e dotada dos mecanismos axeitados para facer todas as transmutacións que fixeran falta, de rural en urbanizable e de urbanizable en urbano: Ningunha figura legal é definitiva, nada está consolidado. Nin zonas verdes, nin espazos públicos, nin xacementos arqueolóxicos, nin litorais, humedais ou ribeiras. Non hai zonas de especial protección que vallan. Todo é susceptible de ser urbanizado cun pouquiño de vontade política e “social”. Todos os concellos deso saben o seu. De haber algunha limitación, sería a que dispuxesen eles mesmos, en beneficio do seu mais lucrativo negocio, que no é a construción, non. O negocio redondo é especular co solo: Plusvalías millonarias tras una recalificación oportuna. Compro un monte e aos poucos meses teño un solar de valor astronómico. Non entremos no tema das comisións, porque iso non se recoñece, alomenos públicamente. Eses son os “axentes sociais” de Núñez Feijoo. Os demais so pasábamos por aquí.

Ben, pois esa “ordenación” xa está feita, e leva a funcionar tempo dabondo para poder comprobar a súa eficacia desurbanizadora. Se iso é o que quere, señor presidente, non pase mais traballo: Vostede déalle carta blanca aos PXOMS tal cual se levan presentado en Urbanismo para a súa avaliación inicial, elaborados polos concellos coa inestimable participación dos promotores inmobiliarios (doutro xeito non se entende tanta sintonía cos seus intereses), e xa está: Queda todo legalizado, amoratoria dos 500 metros desactivada, os seus “axentes sociais” encantados da vida, e vostede pode marchar para a casa e descansar.

Pero si de verdade quere ordenar o urbanismo,si eso fose certo, aínda que a apariencia é que tenta despistar ao resto de axentes sociais do país, vai ter que ir excluíndo do proxecto xusto a eses cos que pensaba contar. Porque o modelo económico que defenden probadamente baséase na desorde urbanística, na indeterminación xurídica e no crecemento indiscriminado, conceptos todos eles que contradín o de sustentabilidade, o de protección ambiental e o de orde. Os seus axentes sociais non van salvaguardar o litoral do cemento, porque formigonalo sen trabas é a súa maneira de enriquecerse, aínda que sexa do transitorio xeito que permite a duración dunha burbulla inmobiliaria antes de que nos estoupe na cara. A eles sempre lles vai compensar. Os beneficios son inconmensurables. Non van notar as crises conseguintes e perante as recesións esperarán tan cheos a que chegue o seguinte ciclo expansivo.

Se quere orde urbanística, presidente, e se quere tamén aforrarnos algunhas probables crises económicas aos que realmente as sufrimos, so hai un camiño: Cambiar o modelo. Modificar o sistema legal que favorece a especulación. O solo urbano non se pode liberalizar, porque ten un uso social. E o beneficio empresarial non se pode contar entre os seus usos sociais (Non se alporice: Isto é así en estados perfectamente capitalistas, xusto alí onde existe o urbanismo e se reflicte nas súas ordenadas vilas) .Eliminando o espurio valor de cambio do solo, as vilas crecerían en harmonía coa súa poboación efectiva e poderían ser deseñadas para a vida. Quizais aparecería por fin a figura do urbanista e quizais se fixera urbanismo de verdade. O litoral deixaría de sufrir tanta presión e ata conservaría o valor que ese turismo que tanto desexa atraer aprecia. Pero o mais importante: Afastaríase a corrupción dos concellos e faríase posible a rexeneración democrática deste país. Os que promovemos ese outro modelo tamén somos axentes sociais. Somos os cidadáns que habitamos este maltratado territorio. Ignorarnos é obrar en contra dos nosos intereses. Non o esqueza.

PARQUES EÓLICOS E ESPOLIO RURAL

DUVI (Diario da Universidade de Vigo). 30 de marzo de 2009

Investigadores vigueses denuncian o espolio do mundo rural como principal impacto da enerxía eólica en Galicia


No 2006 os 130 parques eólicos que hai en funcionamento en Galicia facturaron 650 millóns de euros, máis do 50% da renda que producen as arredor de 100.000 explotacións agrarias coas que conta a comunidade, sen embargo tan só o 1,2% destas rendas tiveron como destino o mundo rural. Son algúns dos datos que manexan os investigadores do Grupo de economía ecolóxica e agroecoloxía, pioneiros no estudo do impacto socioeconómico da enerxía eólica en Galicia.

Conscientes de que a enerxía eólica é un dos elementos necesarios para construír un modelo enerxético sustentábel, estes investigadores consideran que a maneira en que se desenvolveu foi socialmente inxusta e contribuíu á deterioración de algúns espazos de alto valor ecolóxico, ata o punto de afirmar que a implantación dos parques eólicos se converteu “nun proceso de espoliación dun mundo rural que xa estaba en decadencia”, sinala Xavier Simón, profesor responsable da investigación.

A especulación cos megavatios agravou o proceso

Despois de realizar arredor de 70 visitas por todo o territorio galego estes investigadores manexan unha base de datos de arredor de 100 entradas con ampla información sobre as condicións económicas e sociais que se estableceron entre os produtores da enerxía eólica e os propietarios da terra. Con este aval detrás non dubidan en afirmar que, pese ao lucrativo deste negocio, a xente segue a marchar das aldeas, as explotacións pechan, a terra abandónase e “en lugar de fortalecer ás comunidades rurais colleuse o negocio e trasladóuselle gratuitamente a compañías multinacionais que nin sequera están vinculadas, directa ou indirectamente, co tecido empresarial galego”, apunta Simón.
Segundo salientan, os propietarios dos montes víronse indefensos fronte aos equipos de avogados destas multinacionais que acudían ás súas casas para dicirlles que naquel monte ían a instalar un parque eólico e que, ou aceptaban o acordo que lle propuñan ou ían a expropiar. “As empresas sempre xogaron coa espada da expropiación para propiciar acordos nalgúns casos ridículos” afirma Simón, que non dubida en dar varios exemplos sobre este tipo de “pactos”, “falo de casos coma, os de Acciona na Serra do Xistral onde comezou pagando 900 euros por muíño, e outros similares na zona do Barbanza coa empresa Gamesa, unha das principais operadoras”.
Á vista destes resultados consideran que tanto os sindicatos, coma os partidos políticos, coma as organizacións profesionais, incluso o movemento ecoloxista non estivo á altura das circunstancias para tratar de frear o impacto negativo que tiña este tipo de acordos en termos de renda. Ademais, segundo afirman, houbo aspectos que agravaron o proceso, tales como a especulación cos megavatios, “é dicir, xente que se fixo titular simplemente para volver a vender sen ter investido nada, algo que a Xunta debería ter limitado pero sobre o que non actuou”.

Os investigadores visitaron xa a maior parte dos parques eólicos instalados

Para levar a cabo este traballo os tres investigadores encargados do proxecto manexan unha importante cantidade de información técnica sobre os parques, coñecen o seu promotor, investimento, potencia, facturación, produción... sen embargo, non hai fontes documentais cando se trata de estudar a forma en que se ocuparon os espazos nos que se situaron as torres eólicas, polo que a única maneira de facerse con esta información é visitar un por un cada parque eólico e entrevistarse cos propietarios dos terreos.
Conseguir os contactos dos propietarios é, precisamente, un dos aspectos máis complicados, “pois non hai ningunha base de datos e facémolo a través dos concellos, de coñecidos ou, outras veces, é a propia sorte a que te leva ata alguén”, salienta Simón. Unha vez contactados o que fan é explicarlle quen son e o traballo que están a desenvolver. Despois ven a entrevista en si na que, ademais de coñecer os termos exactos da negociación, coñecen in situ os terreos, a dinámica da propia comunidade de montes, a súa percepción sobre o parque eólico e o destino das rendas que reciben.
Destes encontros destacan tamén a enorme aceptación coa que son recibidos por parte dos propietarios pois, “sempre salientan que é a primeira vez que alguén os chama interesándose por coñecer como foi ese proceso”.
A información que obteñen segue sempre un patrón tipo, “ata o punto de que podemos afirmar que no 95% dos casos as empresas enganaron vilmente aos donos dos terreos. Cando imos a un parque e lle dicimos a ese propietario que ese parque facturou o ano anterior dez millóns de euros e que a empresa con 150.000 euros liquida aos propietarios, a sorpresa é maíscula”.

O Plan Eólico Empresarial, un fracaso desde o punto de vista da redistribución da renda

A Xunta de Galicia, que foi pioneira na regulación da enerxía eólica, deseñou unha estratexia de fomento da oferta de potencia instalada que se realizou a través dunha figura denominada Plan Eólico Empresarial que consistía en que sen concurso os administrados solicitaban a asignación dunha potencia expresada en megavatios e comprometían que ían a desenvolver esa potencia nun período de tempo determinado e que ían facer uns investimentos cuantificados en centos ou millóns de euros tanto para a execución do citado plan como dun plan industrial.
A través desta figura houbo 18 promotores que conseguiron ser titulares dun plan eólico empresarial. O 61,88% foron asignados no primeiro ano de vixencia do decreto no ano 96. O feito de ser titulares dun plan eólico empresarial dáballe a estes 18 promotores dereito preferente e exclusivo para a instalación de parques eólicos nas zonas asignadas.
O Plan Eólico Sectorial de Galicia, vixente na actualidade, dividía a comunidade en distintas zonas con potencial eólico e asignaba a cada un dos promotores ás distintas zonas, pero isto foi aprobado en 1997 cando xa o 73% da potencia estaba asignada, polo tanto as zonas foron inicialmente determinadas polos propios promotores e despois foi a Xunta quen lle deu carácter de Plan Eólico Sectorial. Segundo considera o investigador vigués,“isto levou, por exemplo, a que se instalasen parques eólicos en zonas con valores ambientais significativos ou achegados a zonas de interese patrimonial”. Outro aspecto que queren destacar é que as autorizacións concedidas pola Xunta non teñen data de caducidade “a empresa vai ser titular dese dereito nesa propiedade sen unha data límite a diferenza do que acontece cos encoros, onde as autorizacións están limitadas no tempo”.
Estes decretos que permitiron a posta en marcha do Plan Eólico Empresarial foron, segundo estes investigadores, un éxito desde o punto de vista da oferta “Galicia pasou de ter cero megavatios no 1995 a máis de tres mil trece anos despois”, pero un fracaso desde o punto de vista da redistribución da renda, do fortalecemento do mundo rural e das condicións de vida dos habitantes do rural.

O novo decreto introduciu cambios importantes

En relación ao novo decreto que regula a enerxía eólica en Galicia, publicado en decembro de 2007, consideran que introduciu cambios importantes na xestión deste recurso. Sobre todo fan fincapé na limitación do desenvolvemento eólico nos espazos con valores ambientais e o establecemento dun método de concorrencia competitiva entre os distintos promotores, algo inexistente ata ese intre. “Ademais, un terceiro elemento significativo do decreto é que abre a posibilidade a unha maior participación social pública, tanto dos propietarios dos terreos como da Xunta”, subliña Simón.
No que a rendas se refire salientan que co novo decreto hai promotores que ofreceron á Xunta ata o 15% da facturación total e hai tamén principios de acordo entre promotores e propietarios que cuadriplican o prezo medio pagado ata este momento. “Si na actualidade o negocio eólico pode ser lucrativo cuadriplicando o prezo que se lle daba aos propietarios, iso quere dicir que nos tres mil megavatios que xa están instalados tería sido posible que se instalaran dando unha maior participación nas rendas producidas ás comunidades de propietarios”.
Esta maior participación poderá, segundo estes investigadores, favorecer á xente que está no mundo rural. Desde o seu punto de vista, poderíanse conseguir dous obxectivos de política económica a través dunha única medida. Dunha banda, lograríase un obxectivo enerxético-ambiental, en relación a que supón un avance para as enerxías renovables que axudan a reducir o cambio climático; da outra, un obxectivo de política agraria destinado a fixar poboación no campo, aproveitar os recursos para evitar os incendios e non facer dependente ao mundo rural necesariamente das subvencións.

SALVA O LOMBAO

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS IMAXES

NON SON NECESARIAS AS PALABRAS