¿Visitáchedes algunha vez Sanxenxo en novembro? Entón paseariades polas súas desertas e melancólicas rúas contempladas polas pechadas persianas de centos de vivendas valeiras. Algunhas miran ao mar, pero o mar so ve un litoral lamentablemente deteriorado, asfixiado polo formigón, polo feismo monstruoso da construcción especulativa. (Por certo:¿Hai quén consideran eso vivendas de luxo?
No verán aínda é peor: praias infestadas, contaminación acústica, espacios desbordados. Non hai silencio. Non hai descanso ( ¿Hai quén pode considerar eso unhas vacacións?) Pois polo visto Sanxenxo é o cumio do benestar. A xestión municipal que deu este froito maduro foi tan aplaudida que o seu brillante autor mira de presentarse à unha alcaldía de talla mais axeitada ao seu talento. Agora tócalle o a Pontevedra: En Sanxenxo todo está feito: Incluso as súas imaxes promocionais , as mais postaleiras, escollidas e turísticas serven para formar parte dunha galería do feísmo. ¿Era este todo o desenvolvemento económico posible para esta vila, o destino irremediable de toda vila costeira? Eu me deixaría de fatalismos. Detrás de xestións urbanísticas de este tipo vamos acabar sempre por atopar os intereses económicos de quen os promove. Neste caso segundo o alcalde e promotor inmobiliario D. Telmo nada mais que dous ou tres edificacións e, bon, ese incómodo asunto da recalificación con tráfico de información polo medio e unha plusvalía do catrocentos por cen, que non ten nada de malo, a ver si por gañar uns cartiños témonos que desculpar. Sen dúbida unha vila con xente así á cabeza ten un destino fatal .