A proa enfilada cara ao visitante, para crear centímetros que non metros útiles ( novos conceptos da linguaxe especulativa) e sete andares (ou pseudo andares pero en todo caso sete pisos de fiestras cara ao mar. ¡A escasos seis ou sete metros do litoral, da ribeira! Un inmenso muro que pecha a vila e converte en túnel a rúa principal. Os motivos aducidos para a recalificación: Necesidade de liquidez para o concello. E foron de certo moitos miles de euros os que se ingresaron en distintos conceptos. Busquemos agora ónde foron invertidos eses ingresos: En servicios non. Quizais se foron nas festas, ou no Festival. Na “vela” do muíño do Campo da Torre. Ou nese enorme cartelón na ponte da vía do tren (Ortigueira para ti) que nos pon a vila como en oferta do Gadis. Só que agora vivimos un pouquiño peor. Un empeoramento sutil, imperceptible para moitos, que consiste na renuncia ao óptimo, en beneficio do mais para uns poucos. Agora caeu sacrificado un pequeno anaco de ribeira, pero non tardarán en caer irrecuperablemente lugares protexidos ( non bastante protexidos) da nosa costa, inapreciables anacos da nosa paisaxe.
3 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados



Quizais habería que irmanar Pontedeume e Ortigueira.
Mirade esta páxina e entenderedes o por que da miña proposta.
http://www.sospontedeume.com/galeria/p1000577.jpg
Noraboa pola páxina, semella que en Ortigueira tamén hai algunha xente que ten ollos na cara para ver o que os "principes do formigón" teñen preparado para as nosas vilas.
Realmente despois de anos visitando o festival do mundo celta, este pasado veran chamoume moito a atención esa salvaxada de edificio. É aberrante e escandalosa a maneira de vender a costa que teñen os nosos concellos, os cidadans temos que unirnos para deter toda esta delincuencia organizada.
Noraboa pola páxina ¡
ao sr. alcalde non lle debe de gustar nada isto, pero hai que dicir a verdade ainda que o mundo estoupe.
están convertindo a ortigueira nun despropósito.
agardo máis novas neste blog.