La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

8 Enero 2007

EFÉMEROS CASCOS HISTÓRICOS

Neste pais adoitase presumir de casco histórico nas guías turísticas, pero ninguén ten moita conta de conservalos, e minuciosamente se van transformando ate quedar nunha lembranza en forma de foto sepia. É lamentable dicilo pero o casco histórico de Ortigueira xa non merece que o nomeen así. O concepto de rehabilitación foi descoñecido ate hoxe, e baixo semellante ignorancia se seguen a derrubar edificacións tradicionais (xa, non eran palacios renacentistas, que por aquí mal que lles pese a algúns non hai un pasado de fastos nobiliarios, e non tiñan a condición de patrimonio da humanidade recoñecido pola ONU, pero formaban parte do noso patrimonio cultural, eran parte da nosa riqueza histórica) para substituílas pola vulgaridade monocorde da construcción moderna, sen tentar sequera conxugar estilo ou tipoloxía. Despois veñen as custosas intervencións públicas, como de desagravio por tanto abandono, pero xusto ao revés do que se precisa, fanse para ser notorias, evidentes, impactantes ( queren así notoriedade os alcaldes pouco notorios) e así pónselle a guinda ao deterioro. E así temos un lugar irrecoñecible, impersoal, fora de lugar, que ten pouco de espacio público (mais de bazar chino) e nada, absolutamente nada do que foi, e nada do que se tiña que haber feito pero sobre todo deixado de facer para que houbese un verdadeiro casco histórico, fora das retocadas fotos de guía turística e das fantásticas (literalmente) exposicións coas que os alcaldes acomplexados maquillan a súa xestión baleira.

servido por ortigueira 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

waters

waters dijo

Pero xa sabemos que moitos "politikillos" de Ortigueira, queren convertila na Marbella de Galiza. Pois camiño van ... e ollo ¡ en todos os aspectos.

So falta que ao noso rexidor lle "mole" algunha tonadillera, a traia ás festas e a suba ao seu flamante Iate, iso si con gaiteirossssss¡¡

10 Enero 2007 | 12:21 AM

Lois

Lois dijo

Cando pase o tempo, a pouca xente que fique a vivir en Ortigueira, preguntarase como foi posibel que en nome dun mal entendido modernismo e en tan pouco tempo, se chegara a semellante desfeita dunha vila con encanto coma era Ortiguiera. Como se puido permanecer espectante diante dos cantos de serea. Ao remate de todo, a Vila parerecerá un horrible ensanche de calquera cidade, aos que soio se vai a dormir, porque os pisos son máis baratos.

12 Enero 2007 | 08:30 PM

waters

waters dijo

que arquitecto escolleu o deseño? haberia que darlle un premio ¡

quizais sería o alcalde ou seu irmá dende o despacho cun catálogo, o criterio ??? nin idea, quizais o mobiliario máis caro jajaja

ou preguntarialle ao seu amigo Pocholo

15 Enero 2007 | 11:32 AM

xd

xd dijo

(risas)

23 Enero 2007 | 02:58 PM

Los comentarios están cerrados


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera