1300 licenzas concedidas nunhas horas para sortear a suspensión provisional das normas urbanísticas subsidiarias (que consentían a construcción de mais de 5000 vivendas) decretada pola Xunta. Reacción do alcalde de resistencia ante os requerimentos da Xunta de suspender as licenzas e ante o seu propio partido, PSOE (ameaza de crear candidatura independente). Intereses económicos do rexidor nas operacións urbanísticas. Antecedentes de actuacións urbanísticas polémicas e incluso ao filo da legalidade. É a radiografía de moitas poboacións da costa galega . Pode ser tamén a de Ortigueira: Poucas horas (non meses, nin anos) lles chegan a uns cantos especuladores irresponsables para destrozar unha vila
O mais preocupante: A incapacidade legal da administración autonómica para suspender decisións municipais en casos coma este de flagrante desvergonza. A intranquilizante falta de decisión política para atallar estas situacións. As mornas medidas adoptadas para rexeitar de unha vez e definitivamente este modelo de crecemento urbanístico aberrante e alarmante denunciado pola ONU, e multitud de organismos públicos e privados.
2 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados



Por el momento no parece que Ortigueira vaya por este camino. Menos mal.
Equivócaste.Ainda non se ve,pero ahí están as condicións para que ocurra.