Non sabemos outra cousa do PXOM mais que foi presentado na Consellería de ordenación do territorio e se atopa á espera para a sua aprobación do dictame da Xunta. Do seu contido non podemos coñecer mais que “as liñas mestras” que nos anticipa a revista de que edita o Concello: Que pretende eliminar a protección Rede Natura (reaxuste, chámanlle) nas parroquias costeiras, posto que nelas, segundo a información do concello, a demanda de vivenda é maior : Hai que entender, non acreditando que o descenso da poboación sexa distinto nestas parroquias que no resto do municipio (e sa cifras demográficas indican unha preocupante despoboación de ata o 4%), que a demanda da que se fala é a das empresas constructoras (presión especulativa, que lle din). Empresas, algunhas delas vinculadas ao alcalde a a sua familia que teñen por diante o suculento negocio de construir nada menos que 4000 vivendas (cifra tamén recoñecida polo alcalde en recente entrevista concedida ao xornal El Pais) e que se concentrarían dende logo no vulnerable litoral alomenos cuadriplicando o volume de construccións existentes.
A protección do litoral debería sen embargo permañecer inviolable, tanto mais polo feito de que existen nos núcleos suficiente suelo para respostar á demanda interna. Claro que non é o tipo de chan codiciado polos especuladores.