No número de maio do xornal (nº 42), algo atrasado pero de completa actualidade publícase unha espléndida reportaxe sobre a urbanización masiva do litoral galego da que vos dou un pequeno anticipo. Visitade a páxina.
CÁMARAS MUNICIPAIS E INMOBILIARIAS DEFENDEN O URBANISMO IRRACIONAL
“Boa parte do territorio galego está a ser submetido desde há anos a unha pressom urbanística sen precedentes no Estado espanhol, nomeadamente nas zonas mais próximas ao litoral. Importantes empresas inmobiliarias espanholas e galegas comprárom grandes cantidades de terreno com o fim de tirar suculentos beneficios das requalificacións masivas que cotemplan a maior parte dos planeamentos municipais.........Meios de comunicaçom e sociedade já falan de “marbelhizaçom” para referirem a este fenómeno.”
...”Os dados mostram que nos vindouros anos, coincidindo coa aprovaçom dos perto de setenta Planos Gerais de Ordenamento Municipal que tramitan as cámaras municipais costeiras, o País vai a ampliar as suas dotaçons residenciais nunhas 60.000 unidades, das que 35.000 serían moradias e apartamentos. Este número ,e superior ao de zonas como a Costa doSol, paradigma mundial do boom inmobiliario derivado do turismo selvagem e da corrupçom institucuonal associada e representa 75% mais das existentes nos municipios costeiros galegos."



Informamos de la reciente creación de un blog para tratar todos los temas de actualidad que rodean el ayuntamiento de Ortigueira con un poco de humor e ironía.
http://www.lacoctelera.com/circortegano
un saludo