HAI OUTROS MODELOS
Un xeito contrario ao anterior de entender o progreso é o modelo das slow cities . Este movemento ao que están adscritas ate hoxe 31 vilas europeas (outras 28 xestionan a súa adhesión) consiste en algo tan pouco extraordinario como que os seus cidadáns decidiron antepoñer a calquera outro criterio a mellora das súa calidade de vida e acomodan o crecemento a estas condicións e non ao revés. Os estándares de calidade teñen que ver coa conservación de hábitos de vida propios das vilas pequenas: O tráfico controlado, os ruídos minimizados, a contaminación vixiada; e tamén coa conservación das sinais de identidade cultural e do entorno.
Estes criterios rexen en vilas de coidado planeamento urbanístico, tanto na conservación dos cascos históricos como na planificación de barrios de nova creación, nas que se aposta pola limpeza, a ecoloxía, e se rexeita por indesexable o turismo masificado ¿Qué cidadán razoable refusaría estas vantaxes?.
Na foto unha vila slow




aqueloutro dijo
Xa vexo de que economía non andades mui ben. Non hai máis que ollar o centro de la "ciudaz" de Ortigueira. Unha vez que empantanamos todas as rúas o máis posible -presuposto a- Logo pedimos axudas para eliminar barreiras arquitectónicas- presuposto b-. Ao remate sumamos A+B e temos o que se chama popularmente CAZO. Ata a próxima. xa vos seguirei a explicar un pouco de economía.
Bueno o de vivir nun entorno sostible solucionámolo con 4000m2 para nos sos, unha muralla e todo iso que xa sabedes. Abur
22 Enero 2007 | 08:02 PM