O PONTO EN PERIGO
É o verdadeiro casco histórico de Ortigueira. A parte mellor conservada, coa súa estrutura tradicional de vila pesqueira, de rúas estreitas e pequenas prazas flanqueadas por casiñas de duas plantas con sabor propio. Por suposto con unhas cantas construccións discordantes ( o inevitable feismo, que pronto vai a desaparecer substituído polo monstrosismo) pero aínda se parece ao que foi. Ao mellor era salvable ese pequeno anaco de autenticidade, pero quizais xa sexa tarde. O mesmo alcalde que se valeu dun informe de Patrimonio para expropiar o muíño do Campo da Torre ( e de paso todo o que puido arredor) non ten prexuízo en dar licencia para derrubar unha casa rectoral do século XVIII, que ten bastante mais valor patrimonial que o muíño, e permitir a construcción de unha urbanización que polo seu volume e altura producirá un enorme impacto visual e que desvirtuará completamente o entorno tradicional. O poxecto de dita promoción ( “Mirador de la Ria” :¡ 87 vivendas, catro plantas, cando o resto das casas non teñen mais de duas!) encóntrase xa exposto ao público para a sua venda en inmobiliaria Elmor- Os Celtas propiedade, como non, do irmán do alcalde. O predixo no seu momento a dona do Campo da Torre: A expropiación foi seguida con gran celeridade da compra dun considerable número de propiedades circundantes, que van a ver incrementado enormemente o seu valor polo inminente planeamento urbanístico. E esta xente é a que di que non se mete en política. Oxalá fose certo.
Ah, e de paso, a nosa solidariedade , Pepita.
Fotos da rectoral e do Ponto





santiago dijo
¿Cómo puede ser que se dé licencia para derribar la antigua rectoral? Aunque en realidad no podía seguir estando como estaba.
¿Qué se prevé edificar en su lugar?
Un concello con la cantidad de subvenciones que consigue de no se sabe donde, pero que las consigue, ¿no podría hacer una reestructuración digna del edificio actual?
30 Enero 2007 | 07:07 PM