MANIFESTO POR UNHA ORTIGUEIRA SOSTIBEL
Dende hai un tempo estamos a ser testemuñas do crecemento desmesurado do sector inmobiliario que se está a impoñer como predominante e incluso como eixo directriz da economía baseado nomeadamente no desenvolvemento do mercado de segunda vivenda. As condicións que fan o noso territorio especialmente favorábel para este negocio teñen que ver de partida co reclamo das súas praias e paisaxe, pero o crecemento urbanístico descontrolado, que xa está a ter consecuencias dañinas para o medio natural e social, o patrimonio cultural e o futuro económico, ven fomentada fundamentalmente por outro tipo de condicións do noso medio non tan halagüeñas, a saber: Absoluta permisividade urbanística, opacidade fiscal, concepcións especulativas do desenvolvemento económico, complicidade política allea aos intereses sociais, carencias lexislativas, e tamén , hai que dicilo, desinterés cidadán por exercer control sobre o crecemento, porque se impoñan modelos económicos e sociais sustentábeis, e en definitiva por decidir acerca das propias calidade de vida. Pero o patrimonio natural e paisaxístico non é un ben inagotábel, estes procesos de degradación ambiental ocorren con celeridade inédita, teñen a fatal condición da irreversibilidade e a súa perda ocasiona u dano irreparábel que atinxe ao futuro da nosa sociedade. Non estamos dispostos a asumir ese costo. Pensamos que a paisaxe, a biodiversidade, e o patrimonio cultural constitúen toda a nosa riqueza e asumimos a nosa parte na responsabilidade de preservala. Consideramos que o modelo económico que se está a impoñer coa complicidade da clase política e os gobernos é anárquico e non ten a menor viabilidade cara ao futuro. Opinamos que forman parte de este modelo os negocios inmobiliarios a gran escala e o turismo de tipo masivo, pero tamén a explotación forestal ou eólica de natureza especulativa, porque conlevan un enorme deterioro ambiental. Opoñémonos a calquera malversación do noso medio natural e humano, á posta en venda de valores xa recoñecidos como universais e á súa destruccións con fins espurios, ou calquera que sexa o fin.
ORTIGUEIRA SOSTIBEL
Nada mais alleo que este manifesto ao catastrofismo. A nosa é unha proposta fundamentalmente baseada na valoración da beleza e impulsada polo desexo de disfrutala infinitamente. Pero tamén percibimos o enorme potencial económico do noso entorno e non deixamos de referirnos a el como riqueza. Nembargantes cremos que a súa explotación depende vitalmente da súa coidadosa conservación e que preservala incólume e garantía de aproveitamento por tempo indefinido. Por eso propoñemos un modelo económico sustentábel , respectuoso e compatíbel cun modo de vida harmónico e con espazos habitábeis e humanos. Apostamos pola posta en valor do esquecido medio rural e pola recuperación da súa vitalidade económica, cun aproveitamento dos recursos variado e racional, sostíbel a longo prazo e compatíbel co equilibrio dos ecosistemas e a biodiversidade. Pedimos unha política urbanística que atendendo ao espíritu das leis vixentes protexa o pasado e a identidade do noso pais, o entorno natural e a paisaxe cunha finalidade social e non especulativa.



Reina Luisa dijo
Vaya trabajo que han tenido hoy el censor/la censora. Han borrado de un 'teclazo' todo aquello que no les gustaba y, siendo un poco mal pensados, tendría algo que ver con ellos. Si es que cabreros y cabreras sobran, y en el BNG dicen que hay algunos infiltrados.
15 Febrero 2007 | 02:42 PM