¿Por qué nos sorprenden pouco as detencións dos dous concelleiros de Gondomar? ¿Porqué esa previsibilidade? Non é polo descrédito da profesión política. Non é so por eso, aínda que como escribiu Javier Marías, de un tempo a esta parte e como van as cousas, ser alcalde vai a ser un oficio dos mais desprestixiados. O motivo é que Gondomar tiña tódolos boletos para dar en calquera momento un escandalazo de eses que saen na tele con moito flash á porta de un xulgado. De eses que acaparan atención pública perante unhas semanas (algo mais se andan compañeiras sentimentais ou asuntos ”corazonabeis” polo medio). Porque asuntos urbanísticos de turbia natureza xa estaban aí dende facía tempo: O seu planeamento fora suspendido polo Tribunal Superior ( a sentencia non se acatara) a Consellería de Política Territorial tiña mais de 200 expedientes abertos por irregularidades urbanísticas e planean mais que acreditadas sospeitas de que incidentes violentos e ameazas recibidas por algúns veciños están relacionadas coas denuncias que puxeron contra diversas actuacións urbanísticas ilegais permitidas polo municipio. Todo iso amparado no seu momento pola Xunta de Fraga e xustificado sempre polo seu partido, que adoita sempre victimizarse cando algún dos seus alcaldes é chamado ao orden pola xustiza, pero moito mais se trata de cuestións urbanísticas, asunto no que está a defender abertamente o “laissez faire, laissez passer” e a liña urbanística claramente especulativa. E esa era a liña adoptada polo goberno municipal en Gondomar, promovida dende a fatal pero popular confusión de crecemento e progreso e centrada exclusivamente no que a urbanismo se refire na “licenzabilidade” das parcelas.



uy uy uy, que ortigueira me da que va detrás jejejeje...
estes de Gondomar son do PP verdade?
temblade que vai caer toda galiza coma un dominó.
e o srto. de ortigueira estará tranquilo?
creo que non