¿Cómo é posible o desenvolvemento sostible esquecendo o medio rural? Sería tan incongruente como existir Paisaxe sen Natureza. Pero en Galiza se leva vivindo moito tempo de costas a un medio de potencial económico desacreditado, desasistido polas institucións, abandonado progresivamente pola poboación e que vive xa un proceso acelerado de desertificación demográfica e de deterioro ambiental. Ortigueira como outras vilas que medraron nun entorno agrario florecente, espera como si de un milagre se tratara que se encha o polígono industrial de prosperidade para todos, como si habilitar chan industrial fose un ritual propiciatorio para economía. E mentres, esmorecen as actividades agrarias que lle deron vida permanecendo soamente aquelas mais especulativas, como a explotación forestal en réxime de monocultivo. Pero por riba dunha falta de planificación económica viable a longo prazo, a desatención do campo vai aínda mais alá: Administración e gobernos municipais, dan un trato de segunda categoría aos cidadáns do rural escamoteándolles inversións mínimas e infraestructuras básicas, descoidando servizos elementais, distraendo fondos destinados á súa mellora e incentivando así o abandono do medio. ¿Adonde foron a parar os centos de miles de euros dos fondos de Unión Europea para desenvolvemento rural? ¿Adonde van os investimentos regulares das administracións autonómica ou estatal para infraestructuras? ¿Ónde se ven? ¿Nas pistas que se “zahorran” arbitrariamente un mes antes das eleccións? ¿Nos farois, marquesiñas e contenedores reciclados? ¿Nas liñas telefónicas e tendidos eléctricos deficientes? ¿Qué hai dos cartos destinados a saneamento e traídas de auga? No moi nobre concello de Ortigueira foron a dar, por exemplo, á “prioritaria” pista de padel con herba artificial que se realizou con cargo a unha partida da Deputación para infraestructuras rurais. Foron a financiar os excesos, as obras innecesarias, prescindibles, e incluso indesexables que se fixeron para satisfacer o narcisismo dunha vila en decadencia. E mentres, o agro, esmorece relegado, coa súa economía desvertebrada, e cara a un deterioro xa tan visible que tamén vai perdendo valor para ese turismo rural que se puxo tanto empeño en potenciar subvencionando a restauración das casas pero ignorando o seu entorno ambiental e humano.



Tes moita razón. O rural galego, e en concreto o rural de Ortigueira está a desaparecer, As parroquias van quedar cubertas de eucaliptos e as casas en mans de madrileños para ter aquí a terceira vivenda, ou sexa, para vir unha semana no verán. Mirade a parroquia de Mosteiro, é moi triste chegar alí xunto a igrexa e ver que estás rodeado só de eucaliptos, pero non tardará moitos anos en pasar esto no resto do rural. E mentras os políticos, sobre todo o goberno local, veña facer portos deportivos, plazas, expropiar fincas privadas, facer aceras, e permitir a construcción indiscriminada de pisos, etc., pero ¿de qué imos vivir si desaparece o rural?. O "ladrillo" non creo que nos dé de comer no futuro.
Mucho peor va a ser cuando, y no tardará mucho, desaparezca la flora autoctona de nuestro Ayuntamiento por culpa de los eucaliptus y la extensa cabaña de cabras que nos están dispersando por todos lados y para beneficio de un solo individuo, el dichoso cabrero, que nos vino de fuera y se está forrando a costa de nuestros montes y terrenos. Al final esto va a ser un erial y sino tiempo al tiempo.