Tiñámolo pendente pero era difícil decidir por onde collelo, porque presenta un panorama desalentador: Espasante emprendeu o camiño do crecemento indiscriminado e desamañado. Non vamos a falar de urbanismo desviado porque non sería axeitado. O xusto é chamalo non urbanismo. As construccións dispérsanse por viais sen trazado urbano algún, son as vellas e igualmente estreitas corredoiras rurais, co mesmo e lamentable firme irregular. Entre os campos e as vivendas unifamiliares crecen desanxeladamente edificios de gran volume ocupando o lugar dos hortelos. A ausencia do urbanista é patente. E se o hai está adicado en exclusiva á tarefa de dar licenzas, facer convenios e garantir edificabilidade aos promotores. Constrúese en parcelas das moitas que aínda quedan baleiras en solo urbano, porque o planeamento vixente fixera unha previsión de crecemento moi xenerosa para este núcleo. Ocupar todos estes terreos supoñería para Espasante alomenos duplicar o número de vivendas actuais, nomeadmente tendo en conta á densidade conque e está a edificar (50 vivendas por edificio nalgún caso). Pero aínda pode ser peor porque o próximo PXOM incrementa aínda mais o solo edificable: Co novo planeamento se prevé unha densa rede urbana dende a carreteira ata o porto.Centos de vivendas de segunda residencia, medrando co mesmo criterio aleatorio que se fose un pequeno núcleo rural, con servizos precarios e agobiantes aglomeracións veraniegas. Este é o futuro previsto para Espasante. Habería que poñer non pouca vontade política para correxir este rumbo, e non se trata solo de restrinxir a edificabilidade, aínda que é indispensable racionalizar o crecemento. Espasante ten que medrar de xeito lento e sostible pero sobretodo ordenada e harmònicamente. Os oito anos que levan desenvolvendo o plan de ordenación urbana deberían haber servido para facer un auténtico traballo de urbanismo pero a única finalidade que rixe é facilitar o negocio bruto. E incluso dende a perspectiva mercantilista: ate un polígono industrial planifícase con mellor criterio.