O Concello de Ortigueira recibe a felicitación da Real Academia Galega de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario pola súa labor na conservación do patrimonio cultural da localidade. O intercambio de parabéns entre institucións é a mais recente modalidade de autobombo, debilidade específica do noso alcalde con calquera motivo e ocasión. Pero non podemos menos que lamentar que unha institución pública, incluso ésta Academia de descoñecida función social, poida prestarse a este mercadeo propagandístico. Pero ademais de estas consideracións parécenos inxustificable recoñecer unha labor que os propios cidadáns consideran a peor das desfeitas. Na carta de felicitacións louvanse como encomiables as reformas dos xardíns do malecón e do Cantón , que non poden ser mais desafortunadas. Non considera esta pouco imparcial Academia que, en particular eses lugares, eran unha parte do patrimonio que se atopaba en perfectas condicións de conservación e, pola contra, tras sometelos ás actuacións do Concello necesitan unha urxente restauración. O mesmo se podería dicir de outras intervencións memorables como a degradación da capela de Soutomouro, o asfaltado do adro da igrexa de Devesos, e outras das que iremos dando conta nesta páxina. Das actuacións do Concello en materia de conservación do patrimonio cabe destacar de forma xenérica o empeño posto en alterar a fisionomía dos lugares, cando non en deformalos completamente até facelos irrecoñecibles. A esto poderíaselle chamar calquera cousa menos conservación.
5 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
« ¿QUÉ PASA CON ESPASANTE? | Inicio | Á ACADEMIA »



E dentro de unhos dias a confederación estatal de asociacions ecoloxistas felicitarano pola sua defensa do medio ambiente, e os sindicatos polo respecto aos dereitos dos traballadores... e acabará nomeadonse fillo adoptivo e logo predilecto e alcalde honarario e poñera o seu nome a estrada xeral tras outorgarse a medalla de platino do Concello...
E logo farase doutor honoris causa, e erixirase unha estatua ecuestre no medio do Cantón, e Ortigueira chamarase Campolandia....¡Como bota éste de menos o fraguismo, coas suas fastuosas inauguracións!
O pior de todo é que hai moita xente embaucada con este falso modernismo do ladrillo e do hormigón . Outro exemplo é a incómoda beirarúa da carretera da praia. Valería para un entorno urbano, pero poñer farolas e carballos no de por si estreito e incómodo chan de pedra non é moi práctico, habendo coma hai sitio na marxe exterior do vial. Ainda que o ideal sería unha beirarúa a nivel coa estrada afastada por bolardos e aproveitable asi para bicis e outros vehicúlos de rodas pequenas que circularia sen problemas. Pero claro asi non poderían vender a pedra algúns
que sabemos todos.
Soy peliodista d la Voz de Galicia y quelía decil que sois muy malas pelsonas. Menos mal que aquí estamos nosotlos y otlos pala defendel la veldad y el plulalismo.
Al Ayuntamiento de Ortigueira, por el ejemplar cuidado en las actuaciones patrimoniales en el Ayuntamiento, especialmente en el casco urbano y puesta en valor de los recursos arqueológicos, o etnográficos, con el ansia de que prosiga con los avances en este camino.
Estas son a lineas cas que a Academia felicita ao Concello de Ortigueira. Ao final das súas reunións os academicos agasallan mediantye estas escuetas notas a aqueles que colaboran ca academia favorecendo a difusión das suas actividades. En realidade estabanlle agradecendo ao Concello que se adherira a promocion do VI Salón de Otoño de Pintura que promove a citada Academia. Agora seria bo saber canto lle costa aos cidadans de Ortigueira manter unha exposicion de escaso interes e valor artistico. Logo aproveitando esto construen unha noticia no que unha felicitacion se convirte nun premio e nun recoñecemento dado por unha grande e prestisxiosa institución. Pero cantos teñen escoitado falar da Academia... NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO?