Pronto se celebra o 95 aniversario da “Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana”. Toda Ortigueira debería facerse eco deste acontecemento que celebrarán, é de esperar, os herdeiros desta sociedade na parroquia da súa constitución, porque se trata dun feito de verdadeira relevancia histórica, un dos mais destacables de principios de século neste Concello. En 1907 constituíuse a segunda escola laica de Galiza despois de A Coruña. O movemento da Escola Laica foi no seu tempo un dos mais progresistas e liberais, e na España do momento contou cunha sistemática e feroz campaña de denigración promovida ferreamente, como non, pola entonces intransixente e case omnipotente Igrexa Católica. Que nun momento de máximo control da Igrexa e atroz escurantismo, nunha sociedade sumida na ignorancia, se conseguiran impoñer os principios ilustrados que preconizaba este movemento de clara vocación social e liberadora, é unha auténtica proeza e un acto de valentía do que os devesanos poden gabarse e aínda teñen o deber de non deixar esquecer e difundir. Cinco anos despois, en 1912, inaugurábase o local no que se ía materializar o programa de ensinanzas da Escola, financiado esforzadamente polos socios da institución residentes en Cuba, e ata a súa clausura tivo que loitar coa obstinada teima da Igrexa e os sectores mais burdamente conservadores da sociedade contemporánea. Con estes antecedentes é inexplicable que, unha vez restaurada a democracia despois do franquismo e con ela o librepensamento, se teña feito dende as institucións tan pouco pola divulgación deste pequeno pero transcendente anaco do mellor da nosa historia. Pola contra recentemente a súa memoria foi ofendida coa colocación, tras a restauración do local ,dunha placa na que se facía constar nin mais, nin menos, que o centro fora inaugurado en 2003 pola conselleira de asuntos sociais María José Cimadevila Cea, sendo alcalde Antonio Campo. É o peor xesto de agravio que se lle pode facer á Historia e aos seus protagonistas: silenciala, falseala e suplantala. Semellante ofensa merece unha rectificación inmediata que non pode pasar por outra cousa que a eliminación da insultante placa e a súa substitución pola que merecen os verdadeiros fundadores da Sociedade e o edificio “La Devesana”.
6 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados



Muchas felicidades por este post. En efecto, es una vergüenza lo de la placa. Con lo fácil que hubiera sido poner "rehabilitado en 2003 siendo..." Sin embargo, es importante que estos centros se rehabiliten y se puedan utilizar para actividades no muy alejadas de su vocación inicial. Ahí tenemos que felicitar a la consellería y al ayuntamiento.
Se debería de conocer más la historia de estos centros, que se remontan a hace más de un siglo, creados en un momento muy interesante de la historia de Galicia y de la comarca.
Gracias por esbozar un poco esta historia.
Estimado Santiago: Lamentablemente , nada mais lonxe da intención do Concello que deixar estes locais para usos culturais.O único que se fai neles é celebrar campeonatos de tute e organizar churrascos, botellóns e algún que outro campeonato de futbito (todo iso moi respetable, por outra banda). Non se xestiona ningún tipo de actividade cultural ou educativa, pero o peor é que entorpecen o uso destes locais públicos ás iniciativas particulares que escapen ao seu control e non pasen pola censura. Efectivamente poderían ser centro de gran animación cultural, pero parece que o que importa é soamente o envoltorio. Neste sentido La Devesana é unha sombra do que foi.
Pois a que nos queda agora coas eleccións e as re-inauguracións!!!
Se inauguran varias veces algúns centros novos sen moito atractivo, ¿por qué non re-inaugurar os antiguos e de máis sona?. Dado que a xente os coñece máis de seguro que dan tamén máis rédito electoral.
O próximo podería ser a inauguración da Catedral de Santiago.(uy! mellor non dar ideas).
Deberíase facer unha exposición coas placas e plaquitas conmemorativas, e premiar a máis fachedosa. Seguro que a inscripción da devesana acadaba un honroso posto no ranking.
Felicidades polo blog. Un saudo
Isto das placas non e mais que unha manía ou enfermidade, penso que se chama megalomanía, e os que asisten a estas inauguraciós de boas zascandiles e monas, os que van a forza, que´non son poucos, xente sen vontade nin outra cousa.
Polo que se oe decir por Ortigueira, o Alcalde vai-lle poñer un placa tamén o CABREIRO
Agora que xa nos independizamos dos vilanchos, que ben o pasamos o saber que o alcalde da vila lles vai promocionar máis a gandeiría caprina e
apoiar o tan manido e nomeado CABREIRO DE ORTIGUEIRA. O mellor o que pretente e desexa o Alcalde é que as cabras do infiltrado no BNG lle vaian a comer as moreas de refugallo que produce a pizarra. ¿Comerán as
cabras iso tamén? Como comen de todo.....