COIDANDO O PATRIMONIO

O Campo da Torre está ocupado polos restos dunha fortaleza medieval que anteriormente foi castro. É zona arqueolóxica porque deso preocupouse o Concello, e no seu cumio ubícase, tamén grazas á intervención da alcaldía, nada menos que un ben de interese cultural: O muíño. Un ben de interese cultural non é calquera cousa, é o recoñecemento do mais alto valor e a máxima protección patrimonial: Soamente os grandes monumentos teñen esa consideración. Os muiños detentan nomeadamente a modesta condición de ben etnográfico, pero o noso muiño do Campo da Torre é o único na autonomía coa cualificación de ben de interese cultural. Así coidou que constase o noso alcalde, tamén presidente da Fundación que se fixo cargo salvagardar tan estimable parte do Patrimonio, porque esta catalogación era a única que contemplaba a expropiación entre as medidas de protección que se podían adoptar para a conservación do ben. Pero unha vez executada a tarefa expropiatoria, a condición de ben patrimonial tornouse molesta para a administración municipal, porque para a súa conservación impoñense algunhas restriccións coas que non se contaban. As primeiras intervencións do Concello no conxunto histórico foron xa obxecto de denuncia en Patrimonio porque vulneraban co uso de maquinaria pesada e absoluta neglixencia, os restos arqueolóxicos da antiga fortificación. O muíño tamén recibiu un trato pouco axeitado, xa que foi reconstruído e esa é unha intervención desaconsellada pola Lei de Patrimonio para os bens de interese cultural. E agora o voraz desmonte que se está apermitir no contorno inmediato do Campo da Torre, para construír 67 vivendas, é un atentado que afecta gravemente a área circundante ao lugar arqueolóxico nos seus elementos estructurais pero tamén nos paisaxísticos, que se van ver seriamente alterados e que tamén están protexidos pola lei. A esta voluminosa edificación hai que sumarlle as 87 vivendas que doutro lado do monte,vanse levantar si a Dirección Xeneral de Patrimonio non pon remedio, tamén nas inmediacións do lugar do Campo da Torre, en casco histórico e en lugar da secular rectoral vella. Ambas promocións, da empresa Os Celtas propiedade do irmán do alcalde, son moi cuestionables dende o punto de vista urbanístico porque supoñen un importante e inxustificado incremento de edificabilidade nos dous lugares, pero o mais grave é o deterioro que supoñen para o conxunto histórico e a perda de elementos que constituían a identidade desta vila, como a que lle confería a singular orografía do Campo da Torre. É paragóxico que a mesma persoa que puxo un interese tan persoal en acadar para o muíño e o seu entorno a máxima protección patrimonial sexa inmediatamente obxecto de denuncia por agredilo e permitir a súa destrucción. Semellante contradicción é proba do seu enorme desinterese pola conservación dos valores ambientais e culturais pero ademais do seu desprezo polas leis, e do uso instrumental, torticero e ilexítimo que fai delas.



Regueira dijo
De que patrimonio se fala? Tal vez do familiar?
20 Marzo 2007 | 11:59 AM