Queremos manifestar a nosa simpatía con este colectivo de Ferrol que reúne asociacións veciñais e ecoloxistas que teñen en común o profundo malestar que lles causa o sistemático silenciamento que o xornal La Voz de Galicia fai da realidade da súa cidade. A sua intención é promover unha campaña de denuncia contra a desinformación planificada deste grupo editorial que ignora todas aquelas novas que prexudican aos grupos políticos e gobernos municipais aos que pretende protexer e cos que mantén unha relación de recíproca colaboración. Non somos alleos en Ortigueira a esta política editorial pola que o goberno municipal de Antonio Campo ven de premiar ao director do diario, Santiago Rey Fernández Latorre coa distinción de Fillo Adoptivo da vila. Como contrapartida o rexedor municipal vai seguer mantendo como ata agora o control absoluto da información que nese diario se publique acerca do concello. Pola nosa parte rexeitamos nomeadamente a complicidade dun medio de comunicación coa administracción co fin de manipular a información subverténdoa en propaganda dos grupos políticos, denunciamos o uso das institucións públicas para exercer calquera tipo de control e censura e xulgamos indignos de credibilidade aos medios como La Voz de Galicia dependentes deste tráfico.
6 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados



Colectivo que se moviliza por una prensa indepediente
Non é por presumir, pero Ferroliño non é Coruña ou Santiago. Aquí hai vida máis aló (incluso a pesar) das institucións públicas.
Eh,eh,eh,permiteme que te contradiga, Maximilien, pero Santiago si que é outro mundo e hai un cento de publicacións independentes e movidas culturais alternativas que non dependen da Voz e ningún outro medio oficial ou oficioso, por eso os poden ignorar olimpicamente e non lle dan nin a mínima consideración.
Con todo respeto, a intensísima vida cultural de Ferrol (dende música de cámara ata trash-metal) depende, maioritariamente da iniciativa privada. ¿Qué sería Santiago sen Universidade? Aínda con Universidade... ten unha vida cultural limitadiña. ¿Onde paran eses máis de 3000 profesores, por non falar dos máis de 30000 estudiantes? O certo é que a clase obreira sempre fomos un pasiño por diante dos intelectuais. Unha aperta dun picholeiro de adopción.
Santiago tamén ten vida fora da Universidade. É mais, coincido contigo en que a Universidade culturalmente está morta. Os museos e as institución públicas están ainda mais mortos. Falo de cultura alternativa. Hai que saber buscar. Supoño que o mesmo que en Ferrol que dende fora parece unha tumba e semella todo, con perdón, un pouco rancio.
No me hables del mar marinero, háblame del cabrero
Háblame de sus cabras, no me hables de cultura
Que la cultura es muy mala y no le produce leche
Ni cabritos, ni rquezas...a nuestro pobre cabrero
Háblame de sus prebendas, de las que le salen gratis
No me hables de cultura, que es lo que menos interesa
Háblanos de cabras, cabritos, de pastos y sobre todo de Pasta...
Del dinero que se embolsa a cuenta de los gallegos.