Estamos XA a organizar esa GRAN MOVILIZACIÓN que convocaba Funsquella para amosar a nosa repulsa pola preocupante situación do urbanismo, que está a deteriorar a paisaxe nomeadamente do litoral e a destruír o entorno ambiental e o patrimonio arquitectónico e cultural. Agora temos unha data para avanzar na formación dunha coordinadora que impulse este movemento. Celebraremos unha reunión o sábado 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Está confirmada a asistencia de distintos colectivos como Rede Litoral Vivo, na que están integrados os grupos Asociación O Carballal, Adega, Amigos da Terra, Asociación pola defensa da ría de Pontevedra, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Federación Ecoloxista Galega, Greenpeace, Luita Verde, Verdegaia,Asociación Cultural e Veciñal O Tombo de Ardán (Marín), Anduxía - Plataforma para a conservación e rexeneración do litoral de Bueu, Bouzas Móvete,Comité Cidadán de Defensa Para a Ría de Ferrol , Foro Social de Cangas, Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Plartaforma Ártabra 21,Plaforma contra o viaduto e a variante de Outes,Plataforma pola Defensa da Ría (Cíes), Salvemos Monteferro.