La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Abril 2007

A FAVOR DO MONTE AUTÓCTONO

Ata fai moi pouco a implantación do eucalipto como opción exclusiva no monte galego era imparable. A pesar dos argumentos incontestables que denunciaban imposición dunha das modalidades de monocultivo mais perniciosas, a pesar das evidentes mostras de degradación ambiental e incluso social que décadas de plantación estaban a facer visibles, aínda non se fixera patente a perda de rendibilidade na que se parapetaban os defensores da planta invasora. Neste mesmo ano a virulencia dos incendios forestais fixo emerxer as coxeiras estructurais de semellante sistema de explotación forestal, que implica entre outros prexuízos o abandono doutras actividades agrícolas, o conseguinte deterioro do rural e o seu progresivo despoboamento. Pero nomeadamente desvelouse a dependencia económica neste tipo de explotación dos subsidios públicos e demostrouse que a plantación de eucalipto en condicións de monocultivo era insustentable economicamente, e que a suposta rendibilidade era unha falsidade baseada no espellismo producido polas axudas acumulativas, e inviable sen elas. As leis económicas tamén son inexorables: canto mais eucalipto se produce menor é o seu valor no mercado. Nun mercado saturado os prezos no poden mais que baixar. A necesidade de diversificar é imperiosa: A explotación forestal con especies autóctonas é sostible ecoloxicamente, favorece a biodiversidade, protexe dos lumes, pode convivir con outras actividades económicas e incluso da lugar a moitas, pero asemade, é mais compatible coa vida humana e contribúe finalmente á recuperación da paisaxe, que é un activo económico e un capital de valor incalculable para a sociedade. Por iso é indispensable unha aposta por outras modalidades de cultivo de probada rendibilidade a medio e longo prazo como o de madeiras nobres, e incluso o estudo de viabilidade de outras especies de crecemento rápido como o bidueiro para pasta de papel. Os concellos teñen neste sentido un papel importante como axentes de información e difusión e a súa xestión dos montes de titularidade pública ten que ser exemplo de racionalidade e eficacia.

servido por ortigueira 6 comentarios compártelo

6 comentarios · Escribe aquí tu comentario

alberto

alberto dijo

nada que ya lo había leido en la berza y aprovecho la ocasión para ver esa preciosísima rama floreada ya de paso.

8 Mayo 2007 | 06:11

Carlos

Carlos dijo

Perdona, pero hai varias cousas cas que non estou de acordo:
1. Os incendios forestais non se derón precisamente nas zonas de eucaliptal .E lembremos que a culpa e dos incendiarios, e non das árbores nin dos donos dos montes, ainda que hai xente na conselleria que no acaba de ter claro, e que tratan de xustificar a súa incompetencia botandolle a culpa dos incendios os propietarios por non ter os montes limpos ou decindo chorradas coma que a autopista é un tubo incendiario , ou a señorita do Sindicato Labrego Galego, decindo que a culpa dos incendios é que hai moitas árbores e se todo estivese a prados e cultivos, non haberia incendios. Eu recomendarialle que emigre a Valladolid ou a Tierra de Campos e disfrute dun campo sin árbores.

2.Dis que o eucalipto esta subvencionado, pois dime donde dan
subvencións para plantar eucaliptos, xa que eu non me enterei e non as
collín. O que si esta hipersubvencionado e a ganderia intensiva que ten parte do campo galego cheo de purins e pesticidas e contribue o "bonitismo" cas macrogranxas e as parcelarias salvaxes.

3.Falas dos montes públicos pero lamentablemente en Galicia hai moi pouco. Pero por sorte a función social e ecolóxica faina o monte privado sin que por elo reciba ningún recoñecemento. O único que cho expropien como as fragas do Eume que ainda estan sin pagar. En cambio se cortas todas as árbores, cerras a finca con unhos bonitos postes de formigón e sementas millo ou herba encherante a subvencións.

4. Persoalmente o de asentar xente no rural parecema outra parvada. Precisamente unha das lacras de Galicia é a dispersión de poboación, polo que o que a xente se marche a cidade e deixe libre algunhas zoas do territorio pareceme ben (É que en Galicia e prácticamente imposibel recorrer 10 kms sin ver unha casa). A proba e que incluso nas zonas nas que se invertiron grandes cantidades de diñeiro en concentracións parcelarias e en hipersubvencionar o sector gandeiro, perden poboación, xa que pola mecanización hoxe unha ou dúas persoas atenden perfectamente unha explotación agricola mediana.

9 Mayo 2007 | 03:34

ortigueira

ortigueira dijo

Os incendios queimaron moitísima mais superficie de eucaliptal fundamentalmente porque hai mais eucalipto que árboles de calquera outra especie. Iso non mo poderás negar, porque é obvio. En canto ao de que sexa unha especie pirófila, fácilmente inflamable (ten 40 veces mais posibilidades de queimarse) e coadyuvante na propagación dos incendios non é un invento meu, e xa non quedades moitos escépticos recalcitrantes que aínda vos aferrades na teoría dos infundios eucaliptófobos . Pero che mando un pequeño artigo técnico cortiño e faciliño de leer para que teñas datos tan reais como concretos.
Certo que xa non recibe subvención a plantación, pero si a limpeza e certo tamén que todos os gastos da administración derivados das explotacións forestais saenlle aos productores a coste cero. En economía hai que facer ben as contas. Con todos os datos.
Un 30% dos montes galegos están en mans de comunidades. ¿Son poucos para ti? E dende o franquismo continuan a ser xestionados do mesmo xeito ¿A beneficio de quén?
E en canto á repoboación do rural non vou negar que é un tema complexo e que hai quen aposta por outras opcións para recuperar esos espacios de xeito paisaxístico (seguro que aínda che gustan menos). Nos consideramos o desenvolvemento rural inseparable do desenvolvemento sostible e da conservación do medio, e como nos outros moitos parvos como o Observatorio de Sostenibilidad de España, e outros organismos públicos e privados.

10 Mayo 2007 | 01:55

Carlos

Carlos dijo

Perdoa, pero non estou en case nada de acordo contigo:

1)E falso que o ecalipto sexa a especie máis abundante en Galicia (serao en Ortigueira, pero non en Galicia). Busca en google "superficie forestal galicia inventario forestal" e veras que según o último inventario forestal en Galicia a especie predominante e o pino do pais."Las especies dominantes con una mayor
superficie forestal arbolada son el Pinus pinaster
(390.000 ha), el Quercus robur (195.000 ha), el
Eucalyptus globulus (178.000 ha), las masas mixtas
entre pinaster y globulus (159.000 ha) y el
Quercus pyrenaica (101.000 ha). Las cinco formaciones
anteriores agrupan más del 70% de la superficie
arbolada de Galicia". (Esto esta copiado literalmente do terceiro inventario forestal.)

2) O ano pasado a zona máis afectada polos incendios foi Pontevedra, a Costa da morte e o incendio máis intenso creo que foi o de Quiroga no Courel(donde non hai eucalipto) A especie máis afectada foi o pino. En cambio a zona de eucalipto por excelencia que é o norte de Coruña e Lugo apenas se viu afectada polos incendios.

3) O eucalipto e máis resistente do que pensas o lume. Dende logo moito máis co piñeiro, e ten unha gran capacidade de recuperación. E tan alóctono coma o piñeiro ou o castiñeiro que só leva 2000 anos en Galicia. E máis; a xente do rural ó "ecualytus globulus" coñecemolo coma o eucalipto do pais igual que ó "pinus pinaster" tamen lle chamamos o pino do pais. Para min o eucalipto xa é un simbolo de Galicia igual que o inmigrante piñeiro que esta no noso himno. Seguro que xa os viches pero recomendoche que volvas a ver os eucaliptos de Chavin ou o monte ordeado de Trabada. Eu non defendo un monocultivo do eucalipto porque todo monocultivo e malo, pero non me gusta que se ataque irracionalmente e con supostos argumentos pseudocientificos a unha árbore rentable, bonita, e que fixa o CO2 igual que calquera outra.

3) Respecto o artigo "técnico", permite que me parta de risa. Non me extraña que a Universidade Española vai tan mal. E outro tema, pero estou de acordo con Antonio Muñoz Molina, cando dí que mentres neste pais os xuíces, os médicos, os profesores (de instituto e colexios) ou incluso os barrendeiros entran por oposición libre e competida(bueno con algunhas excepcións) e totalmente vergonzosa a forma de acceso a docencia universitaria. Falando mal, teñen que saber chupala para entrar. Na miña experiencia persoal, os profesores universitarios estaban a anos luz dos que tiven no instituto.
Deste tal Montalvo xa vin un artigo patético en El Pais, no que viña a dicir que a solución os incendios era ter unhos montes pelados nos que estiveran pacendo as ovellas e os cabalos. Non hai que ser moi listos para chegar a conclusión de que sin árbores non habería incendios. Patético. Di este individuo:" A mediados del siglo pasado los incendios en Galicia no eran un problema con las dimensiones catastróficas de hoy" Eu non son catedrático, pero chego a saber que Galicia a principios do século XX estaba case totalmente deforestada. Mira fotos de principios de século ou algun documental dos anos 20 ou 30. Xa Felipe II (fixate ti un centralista, ainda que el era porque necesitaba as árbores para facer barcos) estaba preocupado pola deforestación en Galicia. Evidentemente nunha Galicia deforestada e superpovoada no rural, os incendios non eran un problema.
Non sei se tí eres do rural, pero se o foses deberías saber porque empezaron os incendios. Pois empezaron porque como di o inclito este, en 1940 empezaron as repoboacións por parte do ICONA (que foi por libre e non contou cos veciños), e fixeronse en montes comunais, pero que non estaban abandoados, senón que os ocupaba xente que tiña gando neles e unha intención de apropiarse deles (e de feito moitos particulares acabaronse facendo con montes comunais) e esta xente o ver que os botaban dos montes para plantar pinos, pois vengaronse queimando os pinos . Mira por moito que digan, o monte arde porque lle poñen lume.

4) E dalle co das subvencións. Que para plantar eucaliptos non hai subvencións, e para limpeza de montes e algo excepcional de algunhos concellos ou a comunidades, pero para os particulares non hai ningunha subvención. E se a hai, por favor, informame donde pedila, que a min non me deron.

Non quero facer esto moi longo asi, que outro día sigo contestando o do monte público e o despoboamento do rural, a incompetencia de Medio Rural na extinción dos lumes (Touriño, por favor pasalle as competencias forestais á Conselleria de Medio Ambiente), etc..

P.d: Viva a enerxia nuclear, abaixo o "bio"diesel (Xa deforestaron Sumatra, e seguen a deforestar a Amazonia, e xa falan de deforestar Galicia para aumentar os cultivos biodiesel). Vivan os eucaliptos.

18 Mayo 2007 | 04:17

Ortigueira

Ortigueira dijo

Non vou a entrar en guerra de cifras, pero na franxa costeira (prov. de A Coruña e Pontevedra) a superficie ocupada polo eucalipto son outras que ben poderían invertir esas proporcións. O certo que o seu cultivo incrementouse un 450% (datos do Observatorio de Sostenibilidade) e os de outras especies retraéronse (tampouco estou a favor do repoboamento masivo con pino, que como ti dis e apunta o artigo é aínda mais pirófilo que o eucalipto) e conseguiu, ninguén o nega, que se conservase unha gran superficie forestal, cos beneficiosque conleva de fixación de CO2, etc. Se admites ti que como monocultivo é pernicioso é suficiente. Porque dende aquí ninguén ataca ao eucalipto (nin o queima, non serás ti supoño dos que difunden ese mito de los eucaliptófobos pirómanos).Estamos simplemente a favor dunha política que favorezca a diversificación de cultivos, non impositiva como foi a política forestal nos tempos do ICONA
e sempre sen prexudicar ao propietario. Outra cousa non sería viable.
Por outra banda, ben sei de preceriedade da investigación en Galicia e en España, non hai mais que coñecer o escaso volume de publicacións científicas que producimos. Pero é un brando argumento para desestimar dun plumazo opinións que son mais cualificadas que a tua e a miña, sobretodo sacándoas de contexto como fas.
Tampouco me gusta o tema do bio diesel. Pouco menos que a bio masa. Pero non me gustaría nada unha central nuclear ao lado de casa. E aposto un ril que a ti tampouco.
Os eucaliptos de Chavín foron no seu momento una curiosidade. Tamén hai unha vella e preciosa plantación de camelios e rododendros en San Fiz que siguen sendo tan orientais como sempre aínda que se adapten diviamente ao noso medio. Pero estas cousas teñen unha importancia anecdótica para o tema. Un saudo.

20 Mayo 2007 | 07:29

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera