PREDICAR CO EXEMPLO

Na provincia de Pontevedra, unha comunidade de montes en colaboración coa Universidade de Vigo está a levar a cabo unha experiencia piloto en tres hectáreas de terreo nas que se substituíu o eucalipto por unha plantación heteroxénea de especies productoras de madeiras nobres. O obxectivo da experiencia é facer unha selección das especies que mellor se adapten ao chan e clima do pais para optimizar as posibilidades económicas das árbores caducifolias no convencemento de que é unha aposta de futuro. Tamén empresas privadas, de procedencia castelá están a comprar montes en distintas zonas do noso territorio cun plan de inversión a longo prazo de alta rendibilidade. A inversión conleva un risco moito menor que a do eucalipto, que ten, segundo cifras da Universidade de Vigo, corenta veces mais posibilidades de sucumbir aos lumes. Por outra banda as cifras falan soas: Fronte aos 18 euros que se está a pagar pola tonelada de eucalipto, calquera madeira nobre págase a 1.200. Os patrocinadores da experiencia consideran viable a posibilidade de converter Galiza no maior provedor de madeiras nobres do noso pais. Os beneficios repercutirían no sector productivo da madeira, incluso no adicado ao eucalipto posto que a diminución das hectáreas cultivadas desta especie aumentaría inmediatamente o seu valor de mercado. Pero tamén outros colectivos se favorecerían coa rexeneración do hábitat: Agricultores, gandeiros, cazadores, pescadores, turismo e calquera veciño dunha explotación forestal. Concellos e comunidades de montes deberían ser os primeiros en involucrarse nun tema con este calado social e económico facéndose eco de experiencias de este tipo e investindo deste xeito no futuro dos montes de titularidade pública e mancomunada, porque non hai un xeito mais efectivo de predicar que co exemplo.



santiago dijo
He estado siempre convencido que la plantación de maderas "nobles" es rentable, aunque a largo plazo. Es una buena noticia que se vuelva a este tipo de plantaciones, por otra parte las de "toda la vida" en Galicia. Se evitarán incendios, se regenerarán los terrenos y se mejorará el paisaje.
Otra buena noticia.
7 Abril 2007 | 12:38 PM