A promoción de 67 vivendas que ten a inmobiliaria Os Celtas no paseo Barro Soto carece do informe de impacto ambiental que esixe a normativa municipal. Ortigueira Sostible confirmou que a promotora obtivo a licenza sen dar cumprimento ao establecido no artigo 291 das Normas Subsidiarias do Planeamento Urbanístico do Concello de Ortigueira. As vivendas pretenden construírse nunha parcela clasificada como urbana de Núcleo Lineal pegada a unha zona de protección patrimonial onde se atopa o Castro do Campo da Torre incluído no Inventario do Patrimonio Histórico Artístico da Provincia da Coruña. O citado artigo di que “No caso dos castros a zona de protección non edificable será de 100 metros contados a partir do perímetro existente ou suposto. Haberá tamén unha zona de influencia de outros 100 metros contados a partir da zona de proteción onde as construcións poderán permitirse previo estudio sobre impacto ambiental en relación co castro.” A Dirección Xeral de Patrimonio, de conformidade co previsto na Lei do Patrimonio de Galiza, xa que ten coñecemento destes feitos debe levar a cabo as comprobacións necesarias e adoptar as medidas preceptivas en defensa do Patrimonio que é de todos.



Encántame este blog!. Cóntanos máis cousas nuha soa páxina que "La Coz de Galicia" en todo o ano. Pero xa caerán! Ben é sabido que se pode morrer de éxito e D. Santiago Fdez. (del Campo) la Torre está facendo todo o posibel para que iso ocorra.
Ao fio desta nova permítaseme unha puntada humorística, por non chorar.
¿QUE OUTRA INMOBILIARIA QUE NON FORAN "OS CELTAS" PODÍA URBANIZAR UN CASTRO?
-Mira que son tozudos estos romanos, Asterix!
Anto-nio, tranqui-lo.... que si estos roje-tes no te de-jan constru-ír, yo te pre-sto mi carava-na. ¡Llenaremos Ortigueira de cara-vanas y nos fo-rraremos al-quilándolas!
Lo de las caravanas, Pocholo, no representaría un gran peligro para Origueira porque hay mucho espacio libre donde meterlas, especialmente enlas playas de blanca arena que tenemos por aquí. Mucho más grave y peligroso sería que el manido CABRERO nos llenase el territorio con miles y miles de cabras y por lo que se lee, se oye y se comenta, parece que piensa aumentar su cabaña....¡No va a quedar ni el plástico!
Yo desde aquí, sugiero que hagan Hijo Adoptivo Predilecto al Cabrero por tanto que nos ha aportado a todos. ¿Qué haríamos de no ser por sus cabras?
No me toquéis los huevos, huevones; machooooooo que se lo voy a contar a mi hermanoooooooo.
Fora coñas; noraboa polo espacio blog!!!!! adiante con él, se polo menos serve pra parar una inmobiliaria ----> , se se paran dúas ---------> millor, e se se van de eiquí ----------> maioría asoluta :)))))))))))
saudos de JOSITO (en galego Pepiño :-P
¿Como poden acometer semellante desmonte sen contar co informe de impacto ambiental? ¿Que vai facer a Dirección Xeral de Patrimonio? ¿Será capaz o BNG de Quintana de contrariar ao Alcalde? ¿E o BNG de Ortigueira que di?
¿As obras paralizáronse? ¿Pode ser certo que o BNG lle informe favorablemente? ¿Que pensades? Agora xa entendo porque o BNG-ORTIGUEIRA retirou o enlace con esta páxina que tiña no seu blogue.
Pode ser que fose porque últimamente dábanlle moita caña o CABREIRO e moi probabelmente o home colleu un cabreo moi grande, non soupo asumilas críticas e retirou ou mandou retirar o enlace.