La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

16 Abril 2007

UN PASO MAIS CONTRA O CERCO DO LADRILLO

Para principios de xullo esperase que entre en vigor a nova “Ley de Suelo” de ámbito estatal que recentemente foi aprobada polo Senado superando o veto do PP. O obxectivo da nova lei é frear a desorde urbanística que provocou a permisiva lexislación do anterior goberno que liberou a práctica totalidade do territorio español coa presunta intención de evitar a especulación sobre o solo e abaratar o costo da vivenda. As nefastas consecuencias de tal medida foron unha explosión urbanística de caracter netamente especulativo que elevou os prezos desmesuradamente e agravou de forma inédita as dificultades de acceso á vivenda ao tempo que creaba un serio problema de ordenación do territorio, se convertía nunha enorme ameaza ambiental e facilitaba a creación de condicións para o desenvolvemento de tramas de corrupción de ámbito municipal pero de alcance autonómico e incluso estatal. A nova lei parte alomenos do recoñecemento dun problema cuia existencia o goberno anterior non estaba disposto a admitir e inclúe medidas para favorecer a transparencia nos procesos de recalificación do solo e evitar a corrupción das administracións involucradas nestes procesos. Asemade tenta dificultar a invasión inxustificada do espacio rural e facer mais efectiva a protección dos espacios incluídos na Rede Natura 2000 e parques naturais que en comunidades como Murcia e Baleares viron reducida en moitas hectáreas a súa extensión para ser monstruosamente urbanizadas. Pero aparte das moi boas declaracións de principios, a lei adoece de insuficiencias normativas relativas por exemplo á maneira de xustificar a necesidade de urbanizar o solo rústico, e de ambiguedades tan flagrantes como considerar susceptible de liberación os espazos protexido ambientalmente si se “xustifica cientificamente a perda dos seus valores naturais”. Preguntámonos si non é esto un chamamento a degradar previamente os espazos naturais para a continuación promover a sua urbanización, operación cuio precedente son aquelas de queima de montes que amañaban ata fai pouco algunhas mafias inmobiliarias.

Hotel en pleno parque natural de Cabo de Gata (Almería)

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera