No “Informe de sostenibilidad de España 2006” elaborado polo Observatorio de Sostenibilidad de España (OSE) a comunidade galega acada resultados moi alarmantes na avaliación dos principais indicadores ambientais e revela unha situación negativa de cara a xestión sostible dos seus recursos.

- A tendencia mais negativa é a destrucción do capital territorial que se manifesta nomeadamente na artificialización do litoral como consecuencia da actividade turística, tendencia que se apuntaba xa pero que incrementou gravemente dende 2000. A tendencia cara ao turismo de segunda residencia conleva un conflicto incluso co sector turístico tradicional posto que fora de rendibilidade inmobiliaria, repercute de maneira negativa na rendabilidade empresarial da actividade turística.

- O modelo económico e social supón un incremento do gasto enerxético que multiplica no Estado por 2’5 e non leva aparelladao un crecemento da producción enerxética. Esta ineficacia na xestión da enerxía conleva unha meirande dependencia das enerxías de importación e tamén o crecemento (en Galicia nun 37%) das emisións de gases de efecto invernadoiro.

- Os datos do informe alertan da ameaza sobre a biodiversidade: Se estima un promedio de 42.000 hectáreas anuais queimadas que se perden de terreno forestal e que o aumento das plantacións de eucalipto (450%) non conseguen compensar. Landas e frondosas sofren unha importante regresión e o índice de mamíferos en perigo de extinción é do15%, o mais alto da península.

- Galicia sae tamén perdendo no cumprimento das directrices europeas na depuración de augas residuais, o menor de España, e no capítulo de tratamento dos residuos sólidos urbanos segue a ter unha das taxas mais altas en icineración do lixo e das mais baixas en reciclaxe.

- Pero onde sae peor parada é na avaliación das acción de goberno cara á sustentabilidade na que obtén unha nota de 3 sobre 10, recibindo 0 puntos no apartado de transparencia e situándose no segundo posto entre as comunidades autónomas con maior número de procedementos abertos por incumprimento das directivas.