La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Mayo 2007

'GALIZA NON SE VENDE'



Artigo de Manuel Rivas en El Pais

Xente como area. Un mar de xente. Iso é o que debía haber este vindeiro domingo en Santiago, na convocatoria contra a desfeita urbanística e a degradación ambiental. Para manifesto atinado o que nace co lema Galiza non se vende.

É unha chamada que, esta si, marca un tempo: o reloxo en hora da conciencia da humanidade galega. Exemplar tamén o xeito en que se organiza, coa unidade en rede, sen dirixismos, de máis de 40 asociacións ecolóxicas, dende a internacional Greenpeace (imprescindíbel a lectura do informe Destrución a toda costa) a colectivos nacidos en loitas concretas ao estilo Fusquenlla de Pontedeume, pasando pola teimosía histórica de Adega. Compostela vai ser escenario do xeito vangardista de ser e estar no mundo: pensar no universal e actuar in situ, pensar na Terra toda e actuar na propia terra.

Leer mais

servido por ortigueira 11 comentarios compártelo

11 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Roberto

Roberto dijo

Manolo Rivas coma sempre maxistral. Vemonos en Compostela.

5 Mayo 2007 | 10:25 AM

Un de Ladrido

Un de Ladrido dijo

Andivemos moi atentiños e vixiando por se víamos o cabreiro e a cabreira na manifestación de Santiago pero non os vimos por ningures. O que parece ser é que nin pertencen o PSdeG nin o PDIO, polo tanto ou están no PP metidos ou no BNG, según fontes ben informadas e de fiar....

8 Mayo 2007 | 12:52 AM

Edu

Edu dijo

Un poco de coherencia, amigos, los que ahora gobiernan son los amigos de este escritor de media pluma.

16 Mayo 2007 | 07:45 PM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

Manuel Rivas é coherente, independente e unha grande, moi grande pluma, meu moi iletrado amigo. Visita algo esa biblioteca de cores que tanto che gusta. Dentro ten libros.

20 Mayo 2007 | 09:23 PM

Kímiko

Kímiko dijo

jajaja, moi boa Ornitólogo! De todas formas Edu, penso que Quintana debe ser máis amigo de Antonio Campo que de Manuel Rivas, (Porque Rivas non é alcalde, iso si)

21 Mayo 2007 | 01:11 PM

Edu

Edu dijo

Personalmente, en literatura gallega me quedo con Méndez Ferrín, y no precisamente por coincidencias políticas. Y desde luego muchos otros ilustres gallegos antes de Manuel Rivas, pero para gustos los colores.

22 Mayo 2007 | 12:11 AM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

Mendez Ferrín é unha figura de gran calado ideolóxico, pero os seus valores literarios aillados do contido son irrelevantes. Vamos, que non é precisamente un autor formalista. Non acado saber que lle pode atopar unha persoa coma ti. Por certo, escribiu o manifesto "Galicia non se vende". Moi bo ¿Non che parece?

22 Mayo 2007 | 11:20 AM

Edu

Edu dijo

Sin duda disfruto leyendo al Ferrín de juventud, al Ferrín de "O Crepúsculo e as Formigas" o de "Percival e outras Historias", obras de gran fuerza expresiva y poco o nada politizadas. Pero tampoco me niego a leer obras de fuerte carga ideólogica y de denuncia social, como "No ventre do silencio". Y si me permites un juego de palabras no extraña que a ti te extrañe, porque el sectarismo de determinadas ideologías les impide, a buen seguro, disfrutar de los autores que no son de su cuerda, cosa que a mi no me ocurre.

22 Mayo 2007 | 01:35 PM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

Inverosímil. Non por ser conservador e ler a Ferrín. Eu venero a Cunqueiro e a Torrente Ballester, un franquista declarado e un falanxista de pistola respectivamente, evadidos ambos da sua realidade personal por obra do arte literario, tamén hai que dicilo. Non por ser conservador e ler a Ferrín parécesme un tipo inverosímil. Pero si por ler a Ferrín e ter encumbrado fanáticamente a un tremendo botarate como Antonio Campo.

22 Mayo 2007 | 10:22 PM

Edu

Edu dijo

Recurres a una apreciación personalísma para justificarte, porque lo de de "tremendo botarate" es algo que la mayoría no comparte. La situación me recuerda al chiste del conductor que va esquivando los coches que le llegan de frente en la autopista X, enciende la radio y escucha el aviso de que un conductor está conduciendo en dirección contraria por la autopista X. El conductor sigue esquivando los coches mientras piensa: "Si sólo fuera uno..." Coincidir tampoco en tus apreciaciones con la mayoría del pueblo te debería animar a una revisión de tus planteamientos.

23 Mayo 2007 | 08:34 PM

Ornitólogo

Ornitólogo dijo

¿Non pode logo un botarate gañar unhas eleccións? ¿Sería entón un botarate se as perdese? ¿Comezou José María Aznar a ser botarate despois de perder as eleccións ou xa o era antes? ¿Non era Gil y Gil o rey dos botarates e tamén o rey das urnas marbellíes? Deixa xa a teima das maiorías. Estou xa farto da mediocridade que nos apabulla en plena campaña electoral, toda para consumo das maiorías. Non me cabe dubida de que farás unha interpretación mediocre desto pero mira: Impórtame un grelo a maioría. Aínda que fose o único no mundo seguiría pensando de Campo que é un botarate descomunal.

23 Mayo 2007 | 10:39 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera