Ortigueira reúne moitas das características que debe ter unha poboación para ofrecer aos seus habitantes o modo de vida lento, sosegado e saudable que se considera o mais axeitado para a vida humana. As súas pequenas dimensións e nomeadamente o entorno natural excepcionalmente fermoso, extenso e razoablemente conservado contribúen a crear as condicións dun hábitat de calidade, non suficientemente valorado entre os seus veciños. Consideramos que a principal obriga do goberno que vaia administrar este valioso capital é conservalo pero tamén poñelo en valor, non só cara afora, non só para ofertalo turísticamente, senón para disfrute dos propios cidadáns. Este modelo de vila agradable e vivible exclúe dende logo os proxectos desarrollistas que equiparan crecemento e progreso, que confunden pequeno con atrasado e que intercambian prosperidade económica por deterioro medioambiental. Pola contra esixe un compromiso, a veces difícil de defender fronte as presións, por un desenvolvemento sostible e compatible cos valores naturais e culturais que é obrigado conservar.

Por outro lado son determinantes as carencias estructurais e de servizos que concorren para desvirtuar a potencialmente boa habitabilidade de Ortigueira, entorpecendo a vida dos seus cidadáns na vila e nas parroquias, creando molestias propias de núcleos de poboación urbanos masificados e desatendendo a elementos que contribúen ao estándar de calidade que é posible ofertar adoptando medidas puntuais e realistas. Dende Ortiguera Sostible queremos facer as nosas propostas facendo así tamén unha aportación á participación cidadá necesaria nunha poboación viva e socialmente san.

´Presentámolas en catro seccións:

TRÁFICO E MOBILIDADE

URBANISMO

SOSTENIBILIDADE, DINAMIZACIÓN DO RURAL E EMPREGO VERDE

ORTIGUEIRA LIMPA