O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol e cofradías de maricasdores da ría conseguiron por dúas veces impedir a entrada do buque gaseiro Galicia Spirit na ría de Ferrol como acto de protesta contra a planta de regasificación a cuia ubicación se veñen opoñendo dende fai tempo. A decisión de ubicar Reganosa no interior da ría ,en terreos pegados ao núcleo de Mugardos foi unha decisión tomada polo anterior goberno da Xunta nunha escura operación coa fin de beneficiar a certos empresarios galegos en contra de inapelables e contundentes informes técnicos e xurídicos nos que se denunciaba o incumprimento de varias normativas e a enorme perigosidade que semellante ubicación entrañaba (leer o estremecedor artigo de Ignacio Ramonet "Ria de Ferrol ¡Peligro!) O actual goberno da Xunta apela aos feitos consumados e decántase por respectar ilexítimos compromisos do goberno anterior antes que defender os intereses e a seguridade dos cidadáns.

Dende Ortigueira Sostible apoiamos sen reservas as demandeas destes colectivos a favor de reubicación da planta de regasificación nunha zona próxima ao porto exterior. Moito ánimo.