URBANISMO EN CERVO
Cervo se suma á lista de concellos infractores urbanísticos ao conceder licenza para 800 vivendas en zona urbana non consolidada que incumple varios requisitos legais. Un novo "ladrillazo" engádese ao proceso que ameaza con converter a Mariña nun mar de formigón. En Cervo o concello non só permite a urbanización masiva senón que tenta facilitala abaratando costes aos promotores en prexuizo dos cidadáns.



e-liberal dijo
Como consecuencia de afirmacións tan falsas como a que aquí se mantén, o concelleiro do BNG de Cervo está suxeito a un procedemento penal. Non só resulta ser incerto que en Cervo se estea a dar algún tipo de infracción urbanística senón que ademáis, nin a xustiza, nin os organos de control da Xunta de Galicia detectaron ningún tipo de irregularidade. En todo caso, unhas das principais operacións de especulación urbanística nesta localidade teñen como beneficiario principal a un afiliado membro da lista electoral nacionalista en Cervo, que vendeu triplicando o seu custo inicial un dos solares para construir unha mole de moitas alturas. O cinismo e a manipulación do BNG desvía a atención da desfeita urbanística que se está a producir no noso país, noutros concellos como Viveiro e Foz, onde o propio BNG ten responsabilidades
26 Agosto 2007 | 05:51 PM