A ubicación dunha fábrica de pasta de celulosa en As Pontes é unha posibilidade cada vez mais preto de ser un feito. As consellerías dependentes do PSOE (Traballo, Economía e Medio Ambiente) manifestaron reiteradamente o seu apoio incondicional á proposta, e o goberno municipal do BNG defende a idoneidade desta situación en base á proximidade de fontes enerxéticas (ENDESA) , de materia prima ( eucalipto), de dous embalses que abastecerían as inxentes necesidades de auga da pranta e das inmellorables comunicacións da comarca. El Correo informa que ENCE manifestou xa a sua disposición a aceptar a proposta e que en 2012 estaría xa en funcionamento unha pranta con capacidade productiva tres veces maior que a que se ven obrigados por lei a cerrar en Pontevedra (Lourizán), exactamente igual á que se quere instalar en Uruguay, que está recibindo unha forte contestación social nese pais e na sua limítrofe Arxentina, que se di tamén afectada ambientalmente por ela. Dende o ámbito político a ubicación da empresa non reporta á comarca mais que beneficios. Ninguén cuestiona a posibilidade de que as vantaxes non compensen os costes ambientais que conleva. Iso a pesar de que ( nunha listaxe elaborada por Nacións Unidas) a obtención de pasta de celulosa colócase entre as cinco primeiras actividades industriais mais contaminantes, é decir aquelas que liberan subproductos de alta persistencia no ambiente, neste caso organoclorados (COPS). ENCE non ofrece moitas garantías ao respecto: En 2002 a Audiencia de Pontevedra condenou á papeleira a pagar 430.000 € á Xunta e a cinco meses de arresto a cinco directivos da empresa por delito ecolóxico. Asimesmo as instalacións desta empresa funcionan con tecnoloxía Kraft (ECF), sinalada por organizacións ecoloxistas polos seu graves efectos sobre a saude humana e ambiental. Non se trata soamente de soportar o persistente e característico olor a ovo podrido ( ácido sulfhídrico) liberado durante o proceso de separación da lignina da madeira, ás celulosas vinculánse a unha maior incidencia de enfermedades respiratorias e alerxias entre a poboación e a efectos medioambientais moi graves como choivas acedas, nomeadamente nos ambientes acuáticos, como ben coñece a Plataforma pola Defensa da Ria de Pontevedra que leva décadas denunciando os efectos da factoría de Lourizán sobre a vida da ría. Tampouco é tranquilizadora a actitude de unha administración que adoita mostrar indiferencia ante problemas medioambientais e que se posiciona invariablemente do lado das empresas instaladoras de industria sen evaluar obxectivamente os costos sociais e incluso económicos derivados, e que con actitudes pouco transparentes e desinformadoras escamotéanlles aos cidadáns o dereito a opinar e participar en decisións que afectan de xeito importante a súa vida.



¿E onde se debería de situar a celulosa, se non se quere nas pontes nin tampouco en Pontevedra? Se a razón destas protestas son sacar a industria de Galicia, non estou de acordo. E os traballadores da pranta tampouco.
E o olor ben do sulfuro de hidróxeno, o ácido sulfhídrico é a sua disolucuón acuosa.
Non sei o que pensa facer ENCE en As Pontes (si é que fai algo) pero unha empresa das características de Fray Bento en Uruguay emprega uns 300 traballadores. É posible que ti penses que compensan calquer coste ambiental. Nos non. Consideramos que o que se quere facer en Uruguay é auténtico "dumping" ecolóxico. É o que se adoita facer no terceiro mundo e en todos aqueles paises que teñen lexislacións brandas, con moi baixos requisitos ambientais para ás empresas (nomeadamente de tipo pesado). Nos paises ricos e socialmente desenvolvidos xa non se instalan empresas de tipo pesado que poñan en risco o medio ambiente e a saude. Aplican técnicas limpas (hainas, tamén en celulosas) aínda que eso si, mais caras. Porque teñen unha cidadanía esixente nesa materia. E económicamente non lles vai mal, penso.
A cuestión, Kímiko, está en que non nos traten como un pais tercermundista. Non é cuestionar a implantación de industrias no noso pais. E non tragar con todo por catro postos de traballo. Supoño que o BNG ao que estás moi próximo empregará unha dobre cara neste caso. En Pontevedra o David que sae victorioso na sua loita por recuperar a ría, a cidade, a sensatez botando fora a ENCE de Louizan. Aqui o Goliat que se enfrenta aos, cada vez máis, moitos David que reivindican unha industria compatible cos valores naturais das fragas do eume que comezan nas Pontes, ca potencialidade dos numerosos recursos, respetuosos co medio natural, que debe xenerar o Rio Eume ao longo de todo o seu percorrido. Seguide apoiando ao gran capital que so busca enriquecerse rapidamente. Xa sei que vos presentades como xente divertida pero o tema é moi serio.
a ver quien puede imaginarse al monasterio de cabeiro teñido de las aguas rojas y contaminads por esa planta.
¿Aqui trátase de instalar unha planta nova nas pontes ou de trasladar a planta de pontevedra peza a peza? Digo eu que si van a montar unha planta nova, terá que cumprir a lexislación vixente. E catro postos de traballo son os que vai ter o polígono en Ortigueira, non a planta de ENCE.
300 postos de traballo non son catro, pero supoño que de igual xeito que non estarías disposto a que se crearan 1300 postos a costa de rebaixar a calidade laboral dos traballadores ("dumping social") que tanto costou acadar no primeiro mundo; tampouco o estarás a favor de que estes 300 rebaixen a calidade medioambiental que moitos cidadáns esiximos e que en moitos sitios está ecoñecida como un dereito. Lamentablemente a lexislación ambiental permite en España o funcionamento de celulosas con unha tecnoloxía que crea residuos moi perniciosos para o medio ambiente, aínda que xa existen outras alternativas mais limpas. E tamén por desgracias apreciamos unha gran indulxencia por parte das administraccións coas das empresas altamente contaminantes e que incluso transgreden as normativas como é o caso, tamén en As Pontes de ENDESA que está a emitir o 20% do CO2 europeo sen que se lle apremiara a mellorar o seu índice de emisións. Esa indulxencia non debe ser compartida polos cidadáns afectados que no deben de renunciar aos niveis de calidade aos que teñen dereito.
ENDESA As Pontes si que foi apremiada a rebaixar as súas emisións, por iso está a instalar a planta de producción de electricidade basada en gas natural (suministrado por Reganosa). Inversión que de tódalas formas repercutirá negativamente no recibo da luz, pero é algo que todos estamos dispostos a pagar por mellorar o medio ambiente...
Non todos pagan cada dous meses o recibo da luz.
Mira tú ya están los de Ortigueira analizando el ácido sulfúrico y el h2o que poseen los DEMAS. Así os va , haber si durante los próximos 4 años lograis instalar alguna empresa en vuestro pueblo y no esa pizarrera especie de campo de concentración del señor feudal. Lo que ya dije a ver si vuestro alcalde os monta un circo , ah! y por cierto que ponga al tal Edu ese de domador que lo hace muy bien, será burro vaya pueblo del que presume.
Eso,eso, a ver si se meten de una vez con las pu. canteras, que no dicen ni mu de como están dejando los rios, pero a ti ya te vale con lo de TU ácido sulfúrico ¿Qué pasa? ¿Que te lo bebes? Por mi.... que os enmerden el pueblo a vosotros. Yo si quiero trabajar ya me iré a Pontes.
Ahí Perico tu si que sabes, salvate a tiempo de la zona de los irreductibles pailanes. Los demás prosperaremos y ellos al final se tendrán que comer unos a otros empezando, por el gorila ese que tienen de alcalde ,que empiecen comiendo por él que es el que más carne tiene.
Os postos de traballo....como poderia dicilo sen ofender a ninguén? a cuestión non son os 300 postos de traballo, senon tódolos postos de traballo perdidos por culpa destas industrias. Pero dese xeito non saen as contas económicas. Por iso moitos que estamos fora por desemprego, subemprego ou emigranción, non existimos.
SO2 o poder.
sociedade SO2 sexo SO2 nazón SO2
Non te fagas de Greenpeace, faite de Endesa, ou millor, de SO2
SO2, no, gracias.
Xa que estamos coa vea demagóxica, alá vou eu:
http://club.telepolis.com/ohcop/sodos.html
Coido que Kimiko entendeu o que me referia co de "sociedade SO2 sexo SO2 nazón SO2"
Si, xa todos sabemos isto:
http://en.wikipedia.org/wiki/Sulfur_dioxide#Uses
De feito teño grabado un videoblog con respecto o SO2 e as banderillas de aceitunas tratadas co SO2
SO2 e o nome do meu ultimo proxecto, que non derradeiro.
SO2 e demagoxia, coma Acciona
http://www.elpais.com/articulo/economia/Acciona/copa/prensa/publi...
SO2 e a liberdade
SO2 somos nos
SO2 e patrimonio galego
http://www.flickr.com/photos/marianogrueiro/526489602/in/set-7215...
Agora xa me estades dando medo...
Oe, que non é o mesmo SO2 que goma-2, penso.
Como non é o mesmo dinitrotolueno que Titadyne...
Iso dillo aos do erre que erre.
É todo culpa da Copepé
Xa comezou o SO2
http://www.youtube.com/watch?v=uMuaC_VNiaQ
yo soy de uruguay y estoy re re re re re re ree deacuerdo con la plantas de celulosa pero no porque soy de uruguay si no porque grasias a ella se abren nuebas puertas para la gente y personal sin trabajo .
y si se toman buenas precausiones y se ponen de acuerdo y actuan positibamente se todo positibo .
Veo q como siempre hay gente a la q con la excusa de los puestos de trabajo no les importa q les destrocen el lugar donde viven y renuncian a qlas empresas q se instalen cumplan un minimo de requisitos.
No se trata de q no se instalen empresas, se trata de q no nos envien aqui toda la mierda q solo aceptarian en paises tercermundistas.
Estais dispuestos a todo a cambio de unos puestos de trabajo, a destrozar vuestra tierra?, a contaminar vuestros rios? a cambio de una misera nomina ,la q se les da a los q nunca protestan cuando les llenan de mierda el lugar donde viven ,tampoco lo hacen cuando no les cumplen el convenio ,empleos basura e industrias basura para los q no son capaces de defender lo q es suyo.
Os parece acaso q la termica de As Pontes no produce suficientes beneficios como para no exigirle q adapte sus emisiones a la legalidad? hace ya muchos años q deberia haber dejado de quemar el carbon alto en azufre de su mina,ahora aun le quedan reservas para años pero las mezclan con carbon importado menos contaminante, e incluso da mas puestos de trabajo para transportarlo,es cuestion de q invierta una infima parte de sus astronomicos beneficios en filtrar sus emisiones.
una cosa: ENCE Pontevedra no usa tecnologia ECF usa tecnología TCF
(por cierto la recomendada por Greenpeace:
http://www.greenpeace.org/argentina/contaminaci-n/el-futuro-de-la... )
Pois bótalle on ollo a esta páxina http://www.apdr.info/relac_medios/AAI.pdf
O documento recomendado era este http://www.apdr.info/accions_instituc/Alegaci%C3%B3ns%20ELNOSA.pd...
ENCE produce pasta TCF e ECF, aínda que lle da mais publicidade á primeira, de xeito que é dificil saber qué cantidade produce da segunda.