INFORME SALVEMOS BARREIROS: DENDE O FEÍSMO Á ESPECULACIÓN FEROZ

Publicamos un resumen do exhaustivo informe que nos envían para dalo a coñecer un grupo de cidadáns de Barreiros, denunciando a catastrófica situación urbanística en que se atopa este concello. Unha desastrosa xestión levouno dende a permisividade e os derroteiros do feísmo ata unha cesión sen palitivos do territorio municipal aos intereses inmobiliarios, nomeadamente no entorno da costa. O concello de Barreiros padece un crecemento urbanístico insostible agravado pola ausencia de garantías en canto a servizos (auga, alcantarillado, etc) e polo deterioro ambiental e paisaxístico creado tanto pola profusión como pola anarquía e falta de criterio. O desastre sustentouse segundo estes cidadáns na falta de suxeición a calquera tipo de normativa e ao amparo dunhas normas subsidiarias, as de 1994, que foron suspendidas o ano pasado pola Xunta de Galicia. O concello tiña concedidas licenzas para a construción de seis mil vivendas (cun número de habitantes de 2394). Fai un mes a Consellería de Política Territorial tivo que intervir novamente para esixir a anulación das licenzas para 345 vivendas, actuación que actualmente está en proceso contencioso administrativo. Outro contencioso é o presentado polo propio alcalde de Barreiros (PP) contra as directrices urbanísticas da Xunta para recuperar as normas anteriores que segundo o edil permitiría aos veciños dispoñer novamente da plena propiedade das súas fincas e do dereito a incremetar o seu valor de venta. Esta medida conta co apoio de gran número de veciños (O PP revalidou en Barreiros a súa cómoda maioría absoluta nas eleccións do 27 M) que fai pouco publicaban un manifesto reivindicativo no que demandaban unha volta á situación que lles permitiría (literalmente) “facerse ricos”. Nesta situación na que a maioría avala tan nefasta xestión con criterios tan irracionais parece tarefa ardua impoñer o pouco de cordura necesaria para atallar un proceso de deterioro atroz e irreversible. Aquí o informe “Salvemos Barreiros”



Perico dijo
Mi madriiiiiiña! ¡Qué páxaro teñen en Barreiros! ¡Edu, manifestate! ¡Pon aquí unha queixa! ¡Hai un alcalde peor que o teu e ninguén di nada!
31 Mayo 2007 | 11:00 PM