Pese a haber obtido anteriormente o visto bo da Comisión Galega de Medio Ambiente, a planta pasteira de Ence conta agora cun informe encargado pola Consellería de Medio Ambiente que desaconsella a súa ubicación en As Pontes. O informe admite que o delicado ecosistema do río Eume se vería afectado polos vertidos da fábrica celulosa, particularmente a reserva natural das fragas do Eume, e isto faría necesario levar os vertidos a través dun emisario ata a ría de Ares cun percorrido duns trinta kilómetros, o cal suporía un incremento dos costos demasiado elevado.

O informe nembargantes salienta algúns factores a favor da planta como a proximidade de fontes enerxéticas e abastecemento de auga nos encoros do Eume así como a posibilidade de ubicala no mesmo recinto que a planta eléctrica de Endesa, que minimizaría o impacto ambiental ao quedar practicamente absorbida nun único complexo e sen apenas distinguila do actual conxunto industrial.

Pero o realmente chamativo do informe é considerar entre as vantaxes da ubicación de As Pontes a previsible falta de oposición veciñal debida a unha maior tolerancia da poboación ás molestias que produciría Ence, especialmente os malos olores, como consecuencia, segundo o informe da costume de convivir con outras instalacións industriais molestas. De feito foi o factor de oposición veciñal o que fixo descartar outra das ubicacións tamén evaluadas, San Sadurniño, onde a planta industrial produciría un maior recelo e prexudicaría ao turismo de natureza que se ven desenvolvendo nesta localidade.

Noticia completa en La Voz de Galicia