GRAVE ATENTADO CONTRA O PATRIMONIO: DESAPARECE O CÍRCULO LÍTICO MAIS ANTIGO DE GALIZA

Esta semana desapareceron , a consecuencia das obras da autovía As Pontes-Cabreiros, os poucos restos que quedaban do Circulo Lítico da Moruela, nas Pontes. Deste xeito ponse fin ao cronlech máis documentado de Galicia, con máis de 5.000 anos de historia e estudiado xa no século XIX por Maciñeira. As denuncias realizadas e as campañas levadas a cabo por asociacións da comarca e, especialmente, pola Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes non prosperaron. Precisamente, esta plataforma, xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA emitiron o seguinte comunicado:
“Hoxe, día 5 de xuño, día mundial do medio ambiente o Director Xeral de Patrimonio Cultural da Galiza borrou dun plumazo o Círculo Lítico da Mourela, no concello das Pontes de García Rodríguez. A media mañá de hoxe varias máquinas entraron no xacemento destruindo o mesmo en superficie. Ademais a situación na que quedan as tres mámoas da necrópole é insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50 metros de profundidade atravesará este conxunto pola metade.
Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do pasado e non se fixo ningún intento por parte da Administración por dar transparencia a esta destrucción.
Ignorouse ademais a alternativa da execución dun túnel presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro de 2006, contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que confiaba nesta alternativa como solución á destrucción.
Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural Galego, esixe a formulación e o estudo de tódalas alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.
A decisión de construir un túnel que salvagardara a necrópole megalítica non era unha cuestión económica nin legal, era unha decisión política, polo que consideramos que a Administración tomou o camiño equivocado.
Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do Dir. Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de Patrimonio, na toma desta decisión.
Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio á alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu director xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle á Dirección Xeral de Obras Públicas a valoración e o estudo da alternativa do túnel e en consecuencia pedimos que os responsábeis desta situación, demitan.
Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a activación dun dispositivo de loita activa contra a especulación do noso Patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de carácter social e legal.
Durante a xornada de mañá anunciaremos as diferentes movilizacións que se producirán durante os vindeiros días como repulsa a este Atentado Patrimonial.
Hoxe é un día triste para a arqueoloxía en Galiza, mais tamén o é para a Cultura Galega. Os veciños das Pontes non aturaremos máis destruccións do noso Patrimonio, coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada, que remate dunha vez por todas coa especulación do noso patrimonio cultural.”
Dende Ortigueira Sostible consideramos estes graves feitos proba da falta de sensibilidade dunha administración que está a incumprir coa obriga de velar por estes valiosos vestixios do pasado que enchen de sentido a nosa historia como pobo e como cultura. Non podemos calificar esta mostra e indiferenza mais que como barbarie en pleno século XXI, nunha sociedade europea que presume de valorar a cultura e o patrimonio e que pretende facer un gasto desproporcionado nun monumental centro cultural que vai ser un cascarón baleiro e non a expresión da responsabilidade desta sociedade pola súa cultura. Manifestámoslles aos membros da Plataforma para a defensa do Patrimonio das Pontes a nosa indignación ante o que consideramos unha actuación non so desafortunada senón neglixente por parte dos responsable de cultura, e o noso respaldo as suas actividades en defensa do Patrimonio.



Edu dijo
Con el dinero público hay que ser muy cauteloso y más que política la problemática es de suponer que sea económica; el mayor precio de la construcción de un túnel parece evidente, a no ser que tengáis información que desmiente esto, algo poco probable.
En la época actual se han de primar infraestructuras sobre yacimientos poco importantes (en Galicia existen varios similares) dado que el estudio de los mismos, su reconstrucción en museos, etc. es, a mi juicio, una actuación idónea para la conservación del patrimonio histórico.
No hay que obsesionarse en el perfecta conservación de cada piedra que se encuentre y mucho menos en mantener su ubicación.
8 Junio 2007 | 08:55 PM