Artigo de Manuel Afonso Domínguez, é profesor de Plataformas Offshore da UDC.
Contrario ao manifestado por REGANOSA nos medios de comunicación (ano 2001), o sistema para regasificar o gas natural licuado (GNL) na súa planta de gas será de tipo aberto (ORV) o cal necesitará inxentes cantidades de auga de mar (máis de 300 millóns de litros ao día). Con obxecto de eliminar as incrustaciones biolóxicas que danarían os sistemas e equipos da planta, a auga de mar impregnarase con hipoclorito sódico. Este biocida utilízase xa que logo para matar todo organismo mariño que circule por este sistema de regasificación eliminando, deste xeito, as larvas e ovos das próximas xeracións do peixe e moluscos da zona así como tamén o diminuto plancto que forma a base da súa cadea alimentaria. A zona de verteduras converterase nun área con degradación permanente pois a auga retornará estéril, contaminada e ademais moi fría, engadindo así un factor máis de agresión á fauna e flora mariña da ría.
A estas conclusións chegaron a NOAA (National Oceanic and Atmospheric Administration), a CCA (COASTAL CONSERVATION ASSOCIATION) e a EPA (ENVIRONMENTAL PROTECTION AGENCY), así como científicos das universidades de Pisa e Bolonia en Italia e os de Lusiana en Lafayette (EE.UU.) nos estudos que realizaron sobre este sistema ORV de regasificación.. Por esta razón as plantas de GNL xa situadas na costa de EE.UU. e as novas en proceso de aprobación, non usan este sistema. Os organismos antes citados así como os científicos e asociacións medio ambientais tampouco están de acordo co seu uso en alta mar e actualmente están librando unha batalla política e legal para evitar que se autorice o uso deste sistema nas plantas Offshore. A doutora Susan Mopper, directora de Tecnoloxía do Medio Ambiente e Ecoloxía da Universidade de Louisiana en Lafayete, que escribiu un magnífico artigo sobre os efectos deste sistema, bautizou a área das verteduras da auga de mar de regasificación do GNL como "zona morta".
Consecuentemente, os gobernadores dos estados ribeiregos de EE.UU. como California, Lusiana, Alabama e Mississipi xa vetaron algunhas plantas regasificadoras solicitadas para operar en alta mar porque pretendían usar este sistema de regasificación con auga de mar. Ante estas decisións gobernamentais algúns promotores de regasificadoras de GNL xa notificaron que modificarán o sistema de regasificación polo de tipo combustión mergullada (SCV) que utiliza o propio gas para regasificar o GNL. O problema é que é moitísimo máis custoso xa que perderían de gañar millóns de euros ao ano ao utilizar o gas do seu negocio para a regasificación do GNL. Xa que logo a razón de utilizar a auga de mar é de tipo económico aínda que, loxicamente, non están de acordo os ecoloxistas e por suposto os mariscadores da ría pois ven ás súas empresas e traballo nun serio perigo.
Pola súa banda, Reganosa informa que "o funcionamento da instalación non afecta á calidade da auga nin da fauna mariña da ría, segundo os informes elaborados por un equipo de científicos das universidades de Santiago e de Vigo, coa participación da Estación de Bioloxía Mariña da Graña". Eu lin o informe e non di iso. O lector estará de acordo comigo se lese este informe. Nel pódese ler, entre outras cousas o seguinte: "o único efecto importante podería ser o achegue de contaminantes (antifouling ou biocida) ao sistema que tería unha influencia negativa sobre as comunidades biolóxicas e os bancos marisqueiros circundantes", "A auga de mar de saída do sistema será estéril sen fitoplacton, larvas e outros zooplánctontes", "A utilización do cloro do sistema antifouling durante o paso de auga das instalacións provocará unha esterilización da auga do mar e en consecuencia un lixeiro empobrecimiento do placton nas áreas circundantes, incluíndo as larvas presentes nel",etc.
Ao non cuantificarse no informe os danos, non debería, na miña opinión, ser aceptado como válido nin ser considerado como "favorable" por parte da Administración medio ambiental de Galicia. Non cabe dúbida de que os biólogos e expertos en ecoloxía de EE.UU. e Italia e os que elaboraron o informe (así como os que aprobaron a Avaliación de Impacto Ambiental destas verteduras) estudaron en libros diferentes. Espero que o noso probable e futuro alcalde de Ferrol, Sr. Irisarri, cumpra coa promesa de ir ata o fondo neste asunto das verteduras da auga de mar de Reganosa, xa que afectan á súa ría e aos seus mariscadores. Non é soamente un tema do municipio de Mugardos.
Publicado en Plataforma Artabra 21.blogspot.com



Hai anos eran os do PP os das mentiras masivas. Hoxe teñen no BNG un digno sucesor. Vexan senón a resposta que Fernando Blanco, conselleiro de Innovacion e Industria, da a unha pregunta sobre REGANOSA. Non perdan a tendenciosidade do que pregunta:
EL CORREO GALLEGO- E que pasa con Reganosa e o movemento na súa contra? Porque esta é unha planta enerxética vital, non si?
FERNANDO BLANCO (BNG)--Precisamente Enagás acaba de anunciar a súa conexión con Zamora, que permitirá mallar case todo o territorio galego e poñer a disposición dos veciños de moitos concellos e das empresas gas, que é unha demanda importante. E iso vai ser posible, en parte, por Reganosa, onde é o momento de mirar para adiante e tratar de gasificar o conxunto de Galicia, e pasar de ser os últimos a ser os primeiros. Os informes que posuímos non falan de ningún impacto da regasificadora, afectan máis as aguas que se verten sen depurar por parte de concellos da zona, ou as obras no porto exterior. Reganosa é xa parte da estrutura gasística estratéxica do Estado, e agora mesmo, a planta está en probas, non está en funcionamento. Unha vez contrastemos que o plan de seguridade interior e outros requisitos se cumpren, daremos por pechado o asunto.
A entrevista en http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=35&idNoticia=17598...
Por lo que se ve, no sólo era el PP el que hacía cacicadas. La Xunta actual no le va a la zaga en no querer hacer frente a los problemas medio ambientales.
Si lo que dice el artículo del post es cierto, y no lo dudo, es suficiente para no dar el permiso a Reganosa.
Me da la impresion por lo que se y se está viendo que de impacto negativo en la ria cero. Nunca en la vida los mariscadores trabajaron en esa zona, y pueden dar gracias a quienes proyectaron e hicieron el puente de As Pias (al que seguro que tambien se le dijo que no) de que surgiese el banco natural de almejas.
Beneficios para el conjunto de la ciudadanía bastantes.
Argumentos en contra de la planta quedan sin fuerza ante estudios y pruebas efectuadas.
Por cierto, la contaminación de las agtuas es nuestra, de los Ayuntamientos que aún vierten sin depurar.... Y son bastantes.