Por qué habíanos de parecer ésto unha boa nova? Porque, frear un planeamento que pretendía invadir espacios naturais en prol de ampliacións inxustificadas das zoas residenciais é indicio de que na Consellería comezan a aplicar o criterio restrictivo necesario para acadar un desenvolvemento urbanístico sostible. Isto nos permite confiar en que as funestas expectativas de crecemento que tíñamos en relación ao POXOM que o concello de Ortigueira está a tramitar na Xunta se vexan alomenos limitadas por criterios de protección, da franxa costeira en xeral e das zonas de interese ambiental en particular que consideramos ameazadas.

As primeiras noticias do PXOM de Pontedeume xa están aquí e aínda que pouco si sabemos que o plano de urbanismo non é aceptado pola Consellaría de Política Territorial.O proxecto deberá ser sometido a profundos cambios antes de darlle a aprobación definitiva.

Un deles é o relativo á creación de zonas residenciais, algo que a Xunta considera desproporcionado. Oponse a consellaría a recalificación como chan urbanizábelresidencial de terreos situados enA Graña, O Silvar Chao de Ombre y As Pontellas.

A Xunta rexeita igualmente a ampliación a zonas urbanizabeis de lugares que merezan ser tratados de especial protección, caso das Fragas do Eume e de Ver. Non resulta aceptábel para o poder autonómico a expansión dentro da franxa costeira.

Artigo publicado por FUSQUENLLA ( ler mais)