La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

13 Junio 2007

PATRIMONIO ORDENA A PARALIZACIÓN DUNHA OBRA QUE AFECTABA A UN CASTRO EN CERVO

A orde foi cursada pola Dirección xeral de Patrimonio duas semanas despois de ter coñecemento das obras a través dunha denuncia anónima. Con cinco dias de retraso, o Concello, a instancia de SEPRONA, que comprobou que a orde era ignorada, comunicoulle á constructora a paralización das obras, pero chegou tarde para evitar a destrucción de parte do xacemento. Agora a organización ecoloxista ADEGA pide a Cultura que demostre a súa firmeza en defensa do patrimonio mediante expediente sancionador e denuncia penal contra o Concello de Cervo ao que responsabiliza dos destrozos por ter concedida licenza para construir sobre un ben catalogado como patrimonio arqueolóxico sen telo comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio, e polo retraso na execución da orde que asemade lle pode ter causado prexuizos económicos á empresa construtora.

Noticia completa en Vieiros

Preguntámonos qué é o que está a ocurrir en Ortigueira en relación ao caso parello da promoción que se está a levantar en Barrosoto, tamén á beira dun ben catalogado como patrimonio arqueolóxico e que tamén obtivo licenza e se iniciou sen o coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, que por outrabanda xa está informada dende o mes de abril. Descoñecemos aínda se Patrimonio aplica distinto raseiro a este xacemento e declina aplicar as medidas de protección necesarias para salvagardar o ben, ou se están a ignorar, como en Cervo, as directrices da entidade de Cultura. Polo de agora as obras seguen adiante.

servido por ortigueira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Roxelio

Roxelio dijo

E ao pe do Campo da Torre seguen traballando as pals e formigoneiras Estes teñen recomendacion?

17 Junio 2007 | 08:24 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera