Canteira de Rande.

Son a derradeira ruina para Galiza: O negocio mineiro das rochas ornamentais. A cuarcita, a lousa e o granito. Todas explotadas a ceo aberto e as que mais dano ambietal producen, porque xeneran inmensas cantidades de entullo que finalmente hai que deitar sobre a superficie da terra. A relación entre o produto aproveitable e os residuos producidos é arrepiante. As empresas de lousa non chegan a aproveitar un 1% do que estragan. Por cada peza de lousa que fica enriba dunha casa 99 agardan polo xuizo final na canteira de onde foi extraída. Carga de dinamita e despois apañar o cacho mais grande que fique e levalo as naves de elaboración onde candidatos á xordeira ou á silicose o exfolian a golpe de cincel para transformalo en láminas que retallan aos tamaños normalizados que esixen os clientes. Un xeito de explotación tan primitivo que segue a utilizar en vez da cuña de madeira,a dinamita ou no mellor dos casos o fio de diamante e o soplete de acetileno, e que non ten futuro mais que en paises pouco ou nada desenvolvidos. Somos o último pobo de Europa en explotar o seu territorio deste xeito suicida e irreflexivo. De feito o 25% da producción mundial é xenerada por estas ONG’s da mineiría que son as empresas da lousa galega, agora con sucursais en Brasil e China. E Galiza fica coas suas mellores terras furadas e ateigadas de entullos que ninguén mais quere. Pero cando se pide que se reparen os danos, os empresarios declinan a sua responsabilidade, e xenerosamente, cos nosos cartos, a Administración se ofrece a facerse cargo da reparación. Coa sua decisión o 21 de xuño de 2007 de autorizar o expolio do Courel a cargo da empresa Cupire-Padesa, a Xunta de galicia ten conseguido 1000 Prestige mais para Galiza. Meus parabéns.

Extraído do artigo “A minería galega. A canteira de lousa da Campa”de Xoan Ramón Vidal Romaní, cat. de Xeoloxía da Universidade de A Coruña

Entrevista en Vieiros