DESPOIS DO FESTIVAL

Non foron as 35.000 tendas que vocea a prensa compracente. Por fortuna. Non chegarían dous piñeirales coma o de Morouzos para acollelas, pero foron moitas de mais. Moita mais xente da que se pode servir dos sempre escasos servicios públicos, moita xente a producir mais residuos dos que se poden limpar, e nomeadamente demasiada xente con licenza para facer un uso ilexítimo deste espacio público de singular valor medio ambiental: Centos de tendas en acampada libre, vertido de lixo por todas partes, decenas de lumes incontrolados no medio do arbolado, cans ceibos. Todas aquelas prohibicións que aceptamos ao longo do ano e incluso consideramos desexables, se suspenden a beneficio dos visitantes ocasionais por cuxo número meirande se felicitan ano tras anos as autoridades públicas como medida do éxito da convocatoria. Este ano tíñanse previstos 100.000, aínda que tal posibilidade ponderada seriamente faría fuxir a calquera veciño (catro mil persoas ocupando a zona dende a Alameda ata o Barro Soto sería xa unha cifra arrepiante). Da o mesmo os que fosen de certo, admitir una cifra menor é recoñecer un fracaso para os que non coñecen outro valor que o que se pode contabilizar en números. O espectáculo desolador do pinar o martes post-festival é un prezo que se segue a considerar insignificante dende a época en que se botaba o lixo do municipio na lagoa de Cabalar. Daquela os desperdicios se acumulaban durante semanas por todos os recunchos e tiñamos que soportar fedores insufribles ata que chovía. A intendencia, notablemente mellorada, nos aforra aquelas miserias que algúns admitían coma un prezo xusto pola gloria Internacional do noso insigne Festival. Pero a natureza un pouco vandálica deste segue a ser incuestionada e se asume coma accidente indisoluble da existencia do evento. Esto debería de cambiar segundo o noso punto de vista. E o primeiro que nos gustaría oír sería que 35.000 tendas no pinar, incluso 2.000 son unha auténtica catástrofe ambiental. O humidal de Morouzos non é so o lugar paradisíaco no que todo o mundo soña con perderse, é un espazo precioso que acolle valores naturais únicos, unha pequena xoia de incalculable valor e precario equilibrio á que lle deberíamos aforrar todas as agresións posibles porque é a nosa responsabilidade como veciños ser garantes da súa perfecta conservación. Ningún toleraríamos nunha propiedade nosa un dano semellante ao producido pola descontrolada acampada festivalera, por moi ocasional e breve que fose ésta. Tampouco Lorien nin noutras sedes de recoñecidos festivales necesitan ceder desa forma irresponsable espazos públicos, e menos lugares protexidos ambientalmente.O seu éxito non está vinculado á desfeita. Se conciben e disfrutan coma eventos culturais. E tamén festivos: Se hai calidade ámbalas dúas cousas van xuntas porque a cultura é unha festa. Sen mais.




Xiao Roel dijo
Aprezado ou aprezada Ortigueira Sostible:
Concordo totalmente contigo. A entreha do territorio de Ortigueira ao novo señor feudal, por parte dos seus habitantes trouxo consigo unha serie de desfeitas que eu, cando vou polo país de Ortegal, case nin o recoñezo: tanto a Vila como Espasante estanse a convertir en dou enxendros urbanísticos. Só lles falta abrir un "sarao" flamenco e poñer unha escola de sevillanas para señoritos e logo pedir o seu ingreso en Andalucía, agora que xa Marbella, Almería, etc. están quedando sen tabeiróns da costrución e da desfeita ambiental. O Sr. feudal (por certo, de pouca prosapia) estaría moito mellor co seu iate (que semella un supositorio para baleas) en Puerto Banús que na pobre ría de Ortigueira co seu cano tan pouco fondo e tanto lixo pizarreiro nos seus fondos.
O incumprimento do Convenio Ramsar na bisbarra ortigueirense é notorio e manifesto desde hai moitos anos. A louseira é un foco de contaminación de primeiro orde máis propio de repúblicas bananeiras que de estados modernos (a min chegoume a saír auga negra polo cano da ducha varias veces).
E a conversión de pastos e fragas nun eucaliptal infindo e ameazante é un crime de lesa patria, polo que pedirán explicacións as xeracións vindeiras que herdarán unha terra morta e sen recuperación. Unha mágoa! Por certo, se queredes información sobre o tema eucalipto, falade co torreiro de Bares que ten abonda no faro.
Unha aperta desde a nazón incesante de:
Xiao Roel (senior)
12 Julio 2007 | 11:15 PM