Este é o título do último informe da asociación Ecoloxistas en Acción no que se denuncia a delicada situación na que se atopan os ecosistemas do litoral, debida nomeadamente a urbanización masiva da franxa costeira por novas urbanizacións , case sempre en forma de complexos turísticos residenciais.
O informe do ecoloxistas detecta que este modelo, que ata fai pouco afectaba soamente á Costa do Sol, se está expandindo aceleradamente nos últimos anos chegando a colonizar zonasque antes no se viran representadas. Este es o caso da costa galega, na que nos próximos 10 años se prevé a ocupación de 22 millóns de metros cadrados e na que se proxectan 800.000 novas vivendas. Como claros síntomas tumorais, as inversións públicas en infraestruturas portuarias (portos deportivos), que desconfiguran gravemente a fisiografía do litoral, e en paseos marítimos, popular forma de artificialización costeira na que a Dirección Xeral de Costas pensa investir mais de 10 millóns de euros e que producen importantes danos á costa por erosión. Tamén coinciden na costa galega outros síntomas, como o xeneralizado incumprimento da Lei de Costas, detectado en forma de innumerables infraccións das que son axentes tanto os promotores como as propias administracións, e asúmesmo o incumprimento das directivas europeas sobre tratamento de augas residuais que estase a converter no problema mais grave derivado da presión urbanística.
Ecoloxistas en Acción instituíu fai anos o galardón de “Bandeira Negra” para todas aquelas praias ou tramos do litoral que sofren vertidos contaminantes, agresións urbanísticas ou calquera actuación que xere unha perda notable da calidade ambiental do litoral. Son a contrapartida das coñecidas “Bandeiras azuis” concedidas pola FEE (Fundación de Educación Ambiental ) cuxos criterios se centran nos servizos hixiénico-sanitarios (duchas, wc, aparcadoiros) e desenténdense do estado do litoral, da calidade paisaxística, dos impactos sobre hábitats e especies e os problemas relacionados coa presión urbanística e turística (construccións en primeira liña, aparcadoiros en zonas dunares, emisarios de augas fecais, etc., son totalmente ignorados pola FEE)
Son Bandeira negra este ano os concellos de Foz, Cervo, Boiro e O Grove, denunciados por agresións moi graves, pero a asociación ecoloxista ten coñecemento asemade, só na provincia da Coruña de 15 Puntos negros mais nos que se detectaron desenvolvementos urbanísticos insostibles, proxectos de portos deportivos e verquidos sen depurar.



Lamentábel a foto do Porto. En que o convertiron eses descerebrados do tixolo e do cemento! Entre o dique do porto (que cegou de area unha boa parte da praia, o "kit" de paseo marítimo con granito de Extremadura incluído, que por repetido até a saciedade en toda a costa galega é monótono, e o baixo nivel construtivo (sen espacios comunitarios nin ningún outro aporte á sociedade espasantina (non sendo a miserábel esmola económica que pagaron polos terreos) desfixeron unha das máis fermosas praias da Galiza.
Suicidas, irresponsábeis: outro crime de lesa patria.
Desde a nazón incesante:
Xiao Roel (senior)