SABEDES DALGÚN ECOMONSTRO?

Pola páxina de Fusquenlla soubemos dos ecomostri:
"Ecomostri é o nome con que se coñece en Italia ás enormes construcións de cemento erixidas en paraxes naturais, lugares de interese arqueolóxico ou praias (de aí o nome, monstro ecolóxico). Trátase de construcións abusivas nacidas da colaboración entre empresarios deshonestos e políticos locais corruptos. Unha crecente sensibilidade cara estes espazos está provocando que o Goberno comece a demolelos. Dos 14 monstros de cemento que existían neste país ata hai pouco, agora quedan 11. O primeiro monstro abatido foi “il Fuenti”, un mega hotel de finais dos anos ´70 que se atopaba na costa amalfitana: 34 000 metros cúbicos de cemento, 24 metros de altura (sete prantas), 2 000 metros cadrados de superficie. Todo isto nun área que a UNESCO tiña declarado patrimonio da humanidade. Aquello fora considerado no seu momento como unha desfeita ecolóxica exemplar...." Máis en SOS Pontedeume.
En Italia están xa na fase de derrubalos, por aquí na de erixilos. É o feísmo cebado e engordado. Non vos preocupedes se o voso ecomostri favorito non se corresponde en escala cos italianos. Quizais precisamente por iso sexan peores ecomostri, por persistentes, pois o seu tamaño discreto non os fará candidatos prioritarios á radical medida da demolición, que se adopta con extrema resistencia e dificultade. Tamén se reproducen mais rápido: É posible que ao lado dun ecomostri discreto, que non despertara alarma ecoloxista, aparezan repentinamente clons idénticos ou semellantes mirando ferozmente ao mar dende a costa e ahí tedes á familia ao completo, defendendo tenazmente un territorio que xa é deles.


