La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

15 Julio 2007

MELLOR A DEMOLICIÓN

Construír 1300 vivendas ilegalmente non é unha actuación urbanística irreversible. O di unha xuíza do xulgado de Lugo que leva o contencioso administrativo entre o concello de Foz e a Consellería de Política Territorial e que non ve motivo para paralizar a construción das vivendas xa que, considera, en última instancia está o recurso da demolición. En fin, que si despois de todo a Xunta levaba razón cando pediu a revisión das licenzas e de forma cautelar a paralización das mesmas, en cuios motivos de fondo non entra a xuiza, se tira con todo e punto, que asemade é moito máis espectacular (isto último non o di ela, o digo eu). A xuíza non aprecia na impugnación das licenzas por parte da Xunta mais que irrelevantes motivos procedementais, reclama unha xustificación mais xenérica dos posibles danos que ocasionarían as vivendas e argumenta que sendo un conflito entre dúas administracións, hai que presupoñerlles a ámbalas dúas o desexo de defenderen o ben público. Intereses inmobiliarios do alcalde aparte, claro está.

Pero resulta que o motivo de fondo que levou á Xunta a adoptar esta medida, como a de suspender o plan urbanístico, era poñer freo a un desmadre urbanístico sen precedentes e ate agora sen posible comparación na Comunidade. Pese a non poder xustificar máis que un marcado descenso de poboación, Foz, con 157 vivendas en 2000, tramitou en 2005 nada menos que 2.065 visados, case tantos como A Coruña (2.361) ou Lugo (2.337). E do auto da xuiza despréndese unha consecuencia funesta: Que os municipios crean ter na xustiza e nos labirintos para-lóxicos polos que transitan algúns xuíces, uns eficaces colaboradores para persistir no camiño do desenfreo urbanístico e a conseguinte destrución do territorio.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera