O domingo 21 iniciamos a inspección do río Esteiro, vinculada ao programa “Proxecto Ríos”. Se trata de unha iniciativa de ADEGA para a concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Ortigueira Sostible participa como colectivo local para valorar, cos medios e asesoramento que proporciona o programa o estado de dous ríos do municipio, o río Esteiro e o río Lombao, afectados particularmente polas canteiras de lousa de Rande e Lombao. A avaliación do río realizase en un ou varios tramos e en base a parámetros coma a medida do caudal, a velocidade da auga, as características do bosque de ribeira, a fauna, a análise química das augas, etc. Os datos do estudio incorporaranse ao informe anual de ADEGA sobre o estado dos ríos galegos pero a nosa intención é dar un paso mais e involucrarnos na súa conservación aportando o noso esforzo para a súa rexeneración
« MELLOR A DEMOLICIÓN | Inicio | ADEGA E ORTIGUEIRA SOSTIBEL DENUNCIAN AGRESION AO PATRIMONIO ARQUEOLOXICO »



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados