La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

21 Julio 2007

ADEGA E ORTIGUEIRA SOSTIBEL DENUNCIAN AGRESION AO PATRIMONIO ARQUEOLOXICO

No centro do núcleo de Ortigueira ubícase o Campo da Torre, promontorio emblemático da vila que aporta caracter singular á súa orografía, ocupado polos restos dunha fortaleza medieval que anteriormente foi castro. É zona arqueolóxica catalogada por Patrimonio e incluso tentouse o seu recoñecemento coma Ben de Interese Cultural, catalogación que non lle corresponde pola súa natureza pero que foi aducida para a expropiación da parcela que acolle o castro a favor da Fundación Ortegalia que preside o alcalde.

Nembargantes tanto a administración municipal coma a devandita fundación están a amosar unha absoluta despreocupación pola conservación do ben patrimonial e o Concello resulta ser agora un axente directo da súa destrución. As primeiras intervencións do municipio no conxunto foron xa obxecto de denuncia en Patrimonio polo uso neglixente de maquinaria pesada a carón da antiga fortificación.

Pero a súa actuación mais grave é a concesión case hai un ano dunha licenza municipal que permite a edificación de 67 vivendas no contorno inmediato do Campo da Torre. A promoción inmobiliaria da empresa Os Celtas propiedade de dous irmáns do alcalde, supón unha agresión contra bens patrimoniais protexidos pero asemade vulnera a lexislación urbanística municipal porque incumpre o artigo 291 que prohibe edificar nos cen primeiros metros que circundan a zona arqueolóxica e porque non respecta a edificabilidade permitida pola normativa.

Ambas infracións, de carácter moi grave, foron postas en coñecemento da Dirección Xeral de Patrimonio, da Dirección Xeral de Urbanísmo e de SE.PRO.NA. sen que até o momento tiveramos resposta satisfactoria de ningunha destas institucións. A Asociación Ortigueira Sostible conxuntamente con ADEGA, manifestan a súa preocupación polo grave e irreversible deterioro que pode supoñer, se non se detén, esta intervención urbanistica tanto para o conxunto arqueolóxico coma para os elementos paisaxísticos que asímesmo protexe a lei.
Por estes motivos esixen a inmediata paralización das obras e a revisión da licenza por parte das administracións autonómicas competentes para que se restitúa a legalidade urbanística e se deteña definitivamente este proceso destructivo que está a amparar o Concello de Ortigueira.

A noticia en Diario de Ferrol, Xeración Web, Xornal de galicia .com, Vieiros (Canal Verde)

Escrito presentado á Dirección Xeral de Patrimonio

Escrito presentado á Dirección Xeral de Urbanismo

servido por ortigueira 4 comentarios compártelo

4 comentarios · Escribe aquí tu comentario

Gerardo

Gerardo dijo

E os grupos municipais seguen de vacacións?

21 Julio 2007 | 01:17 PM

Roberto

Roberto dijo

Vese que o Campo está moi protexido pola Coselleria de Cultura, o Antonio Campo non o da Torre. Pois é díficil explicar como despois de case catro meses a Dirección Xeral de Patrimonio non ten feito nada diante destes feitos. A credibilidade do Bloque de Ortigueira leva tempo baixo mínimos é o seu complice silenzo neste tema esta en harmonia ca politica de apoio as politicas campista que se fan dende as consellerias do BNG: cultura, vivenda, e asuntos sociais. O apoio de Campo ás politicas quintanistas, en contra das consignas do pp, ten o seu prezo. E xa o comezamos a ver. Menos mal que ainda queda xente con ganas de que algo cambie neste pais. Animo.

23 Julio 2007 | 11:00 AM

gonzalo blanco

gonzalo blanco dijo

NECESIDADE DE ATOPAR AOS RESPONSABEIS DA VERTDURA DO RÍO BARBAÑA
Ourense, 2 de xuño de 2009
Adega alenta á investigación da Fiscalía.
Diante da apertura dun proceso investigatorio sobre a autoría do delito de vertedura ao río Barbaña, a asociación Adega, posuidora como o colectivo con moitos anos de experiencia sobre verteduras contaminantes aos ríos, quere alentar o traballo dos órganos xurisdiccionais e dos corpos auxiliares da policía xudiciaria para que se atope aos responsables do magno asasinato da natureza no río Barbaña.
Solicitamos á Fiscalía manteña informada á cidadanía expectante e necesitada de noticias sobre a investigación emprendida, sempre que llo permita a discrecionalidade e a seguridade da investigación. O dereito á información é consustancial nunha sociedade democrática e a mellor ferramenta para a defensa da natureza. Vivimos nos momentos máis críticos para a credibilidade das institucións xudiciais, por iso este é unha boa oportunidade para poñer a transparencia e o eforzo que fai a Xustiza nas súas tarefas do lado da opinión pública, unánime no rexeitamento destas conductas delictivas reincidentes.
En canto á valoración destes feitos que lle merecen á Asociación de Empresarios do Polígono solicitámoslle tranquilidade e colaboración. Cada empresario é sabedor das súas prácticas ambientais e do manexo dos residuos que impón o respecto á normativa xeral. A asociación do Polígono deber ter a conciencia tranquila como colectivo integrador do empresariado, mais neste caso á responsabilidade polos feitos acontecidos é individual e así responderá o autor diante dos tribunais. Ningunha asociación pode dar amparo nin actuar como barreira que “intimide” un proceso investigador dos órganos xudiciais. Todos (individuos, asociacións e empresas) temos o deber de colaborar coa xustiza e a Asociación de Empresarios tamén. Este delito non poder quedar impune polo respecto que lle merece á sociedade a actividade empresarial de cada un dos integrantes do colectivo do Polígono Industrial.

Imprescindible colaboración do Concello de San Cibrao
Adega solicita ao Concello de San Cibrao das Viñas a súa colaboración na investigación. A institución municipal é o ente que posúe a maior información relacionada co manexo das verteduras que fai cada empresa instalada no Polígono. O concello tamén é o competente para a concesión das licenzas de actividade industrial unha vez superados todos os informes favorabeis e realizados os condicionantes que esixe á normativa para o manexo de residuos. Solicitamos á máxima autoridade institucional, á Sra. Alcaldesa da San Cibrao, que poña a disposición da Xustiza a valiosa información de manexo de residuos e de autorización municipal de verteduras de cada empresa do Polígono Industrial.

www.adega.info

4 Julio 2009 | 01:50 AM

gonzalo blanco

gonzalo blanco dijo

QUE TEN QUE OCURRIR PARA QUE ACTUE A XUSTIZA

Adega pregunta ao Fiscal da Audiencia se existe unha Fiscalía especializada en Medio Ambiente.
Estabamos en plenas Festas Maiores da Cidade cando, outra volta máis, produciuse un atentado ecolóxico ao río Barbaña. Morte e destrución da vida piscícola por unha vertedura de contaminantes químicos nas augas da natureza. Indignación e estupor ante a reiteración dos feitos. Impotencia e desalento ante a pasividade das autoridade pública, todas sen distinción de cores.
Anteriormente levábanse producindo verteduras contaminantes sen maiores consecuencias xurídicas nin políticas. Nunca se ten actuado por parte das administracións coa contundencia sancionadora da que son merecentes estes feitos.
Un delito contra a natureza
Esta vertedura semella que a podemos cualificar coma “moi grave” e debe ter consecuencias penais, alén das obrigatorias multas administrativas. Por todo isto, Adega demanda xa a actuación investigadora da Fiscalía de Medio Ambiente que, oh sorpresa!, existe na Audiencia Provincial de Ourense e cuxa titular, Dª Camen Eiró, debería pórse á tarefa de dirixir e recabar toda a información da actuación das administracións, neste caso para, unha vez atopado/s o/os culpable/s, interpor unha denuncia penal, xa que existen suficientes elementos con clara intencionalidade dun delito contra o medio ambiente.
Dados os elementos químicos atopados nas analíticas das augas (amoníaco e anhidrido carbónico) será moi doado atopar aos culpables xa que se poden detectar as industrias existentes no Polígono industrial que manipulan ou fan uso deste produtos químicos, por iso Adega non vai admitir unha simple multa
www.adega.info

4 Julio 2009 | 01:51 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera