ÓNDE ESTÁ O RÍO ESTEIRO?

O resultado da inspección do río Esteiro dentro do “Proxecto Ríos” do que estamos a participar deu lugar a un resultado insospeitado: O río Esteiro desapareceu. Sabíamos que se atopaba gravemente afectado pola canteira de Rande pero ignorábamos un dano desta magnitude. Comezando por un dos seus tramos finais puidemos observar que presentaba evidentes síntomas de degradación biolóxica, nomeadamente pola escaseza na súa canle de macroinvertebrados, principais indicadores da salubridade das augas fluviais e polos pobres resultados obtidos na cualificación da vexetación de ribeira. Pero a sorpresa sobreveu cando remontando o curso do rio chegamos á zona afectada pola canteira e observamos con estupor que o cauce do rio atopábase completamente soterrado baixo a montaña de tamaño descomunal formada polo entullo de lousa. Un tramo considerable do rio desaparecera completamente sepultado polas enormes rocas, incluíndo a lagoa formada polas augas encoradas que aparece aínda no Six Pac (na foto). Xa non existe. Nin tampouco unha boa superficie da fraga, a única que quedaba por desaparecer da ribeira do rio. Se cadra estes feitos adoitan pasar a miúdo inadvertidos polas autoridades medioambientais. En todo caso fan dubidar da súa existencia e incluso da súa necesidade, porque si esto non costitue delito ambiental, qué o é?



Perico dijo
Qué silencio mais desolador. O da administracción, o dos cidadáns deste Concello. Alí, oculta en Rande, atópase sen dúbida a cara tercermundista deste país. Campo vende en Ortigueira esplendor e progreso pero vive da pobreza e o atraso que ainda lle permite intercambiar traballo por deterioro ambiental.
4 Agosto 2007 | 11:13 PM