Turismo depredador: No mundo uns 500 millóns de persoas viaxan cada ano a destinos moi localizados (principais cidades, parques nacionais e reservas de animais salvaxes, monumentos e zonas costeiras). Nas próximas duas décadas se espera que o número de viaxeiros supere os 1.000 millóns. O turismo como primeiro sector da economia española en continuo aumento comeza a presentar unha problemática cada vez máis clara. Millerios de coches saíndo das vilas e cidades provocando atascos, contaminación, estrés..., ao que hai que sumarlle o impacto no lugar de destino. A construcción de hoteis, autovías, piscinas, campos de golf, etc. no litoral enfocado a un turismo de sol e praia que alén do seu impacto paisaxístico e sobre a distribución do territorio afecta gravemente á biodiversidade (sobre explotación da pesca) ou ao esgotamento da auga. Exemplos galegos destes impactos son a marbellización do Morrazo, Sanxenxo, a escaseza de de auga no concello de Miño, campos de golf en Nigrán, etc. Por outra banda, o desenvolvemento incontrolado de turismo de masas, pode provocar a saturación de certas áreas e que estas deixen de ter o interese que mostraron no seu momento, o que non so é unha amenaza para o medio se non que se traduce nun fracaso económico.
Fomentar un turismo de calidade e planificado en base a un territorio tan heteroxéneo como é o galego, na liña do ecoturismo é un traballo fundamental que temos que demandar das administracións para garantir que o noso patrimonio natural, cultural e social, non se vexa dilapidado.
Establecer cal é a “capacidade de carga” que un lugar pode asumir, é necesario antes de levar adiante calqueira proxecto turístico. Establecer o número máximo de visitantes que o lugar pode tolerar, e non sobrepasalo ten que ser unha das prioridades que se debén de marcar dende as administracións competentes.
Enlace ADEGA fai propostas para un turismo ecolóxico



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados