O GRUPO CAMPO EXPLOTA UNHA CANTEIRA ILEGAL EN MURAS

Onte Vieiros e hoxe El Pais publican a denuncia feita por ADEGA ante SE.PRO.NA por mor da explotación dunha canteira de cuarcita en Muras que está a invadir ilegalmente zonas declaradas LIC na serra do Xistral poñendo en perigo ecosistemas e especies protexidas. Na empresa explotadora (Piedra Natural de Muras S.L) teñen participación varios membros da familia Campo, entre eles o alcalde de Ortigueira Antonio Campo, José María Campo e Pablo Campo (Campo Lombao S.L e Europizarras S.A). Os xornais informan do trato de favor recibido por esta empresa pola anterior Xunta de Galicia, que retirou da relación de zonas protexidas da Rede Natura terreos afectados pola canteira cando esta estaba a tramitar a declaración de impacto ambiental, dous anos despois de estar xa en funcionamento. Hoxe a canteira invade xa terreos fora dos delimitados por esta declaración. Por outra banda a empresa extractora foi beneficiada cun contrato millonario (6,6 millón de euros), para subministrar a cuarcita que se decidiu revestiría na súa totalidade o complexo da Cidade da Cultura. O Consello de Contas na recente auditoría que fixo do proxecto do Gaiás critican a insuficiente publicidade dada no concurso público para a concesión do subministro así como atrasos e incumprimentos da empresa mineira que afectaron aos prazos de execución das obras.
ADEGA demanda a inmediata paralización da actividade extractiva encanto non se regularicen as licenzas, e en relación as zonas LIC xa afectadas esixe a súa completa restauración a cargo da empresa explotadora, tal como esixe a lexislación. Asimesmo piden a anulación do contrato de subministro para a Cidade da Cultura, posto que a empresa non conta cun dos requisitos esixidos pola Lei de Contratos das Administracións Públicas que esixe demostrar á empresa contratada ter capacidade para ofertar os materiais solicitados e esta capacidade non pode acreditarse a través do exercicio de unha actividade ilegal. . O mesmo se pode aplicar aos contratos de subministros que para este concello asinou a empresa: A cuarcita colocada ao longo do paseo ata Morouzos, do paseo de Barro Soto, e en moitas ruas de Espasante proceden da mema empresa que parece xenera a meirande parte dos seus beneficios dos contratos con administraccións públicas, mais ben pouco esixentes en relación coa procedencia dos materiais que adquire.



Roque Abeleiro dijo
Pero farán algo estos dentro da lei? E menos mal que ainda o psoe non se entregou nos brazos dos Campos, como xa fixo todo o bng, mesmo o de Ortigueira. Pois que se saiba as competencias sobre minas as obstenta o bloque dentro do goberno da Xunta. O mesmo que as de protección do patrimonio. E xa se ve na promoción de Barro Soto, denunciada nestas páxinas, miran para outro lado E as concelleiras "nacionalistas" (sic) andan moi molestas co que se denuncia por aqui. Pois crea insoportables tensións no grupo (de amiguetes) do bng. Psoe a ver si despertas do teu soño. O director xeral de urbanismo parece que esta pola labor. Pois a seguir o exemplo. Antes de que os abduzan. http://www.xunta.es/Dog/Dog2007.nsf/FichaContenido/330A?OpenDocum...
15 Agosto 2007 | 02:33 PM