Segundo informa El Pais A Consellería de Política Territorial está a tramitar un expediente de reposición da legalidade urbanística da canteira Angelita que explota a empresa do alcalde. Segundo a conselleira Caride son moitas as canteiras que se atopan nesa situación. Qué solución cabe nisto? Legalizalas todas quizais? Por qué non? De vulnerar a lexislación, por qué facer excepcións? De permitir a explotación dunha canteira a ceo aberto nunha zona de especial protección ambiental, como se van a penalizar as que incumpren a lexislación en zonas menos sensibles? Esta é a perversa consecuencia de aplicar esta lóxica. A de deixar inanes as leis ambientais e de rebote as outras. A de instaurar a arbitrariedade como criterio e a de suspender o Estado de Dereito. Caride ten entre as mans o traballo de repoñer a legalidade. Esperamos que o tome en serio.
E recordamos de paso que o seu departamento de Urbanismo está aínda sen pronunciarse acerca da trangresión urbanistica do Campo da Torre.



Para que a van legalizar. Asi como a teñen dalles moito mais. Aforran pagar licenzas, impostos... Éche a historia de sempre. Non lembrades os recheos da ensenada de Cuiña? Denuncias, investigacións xudiciais e ao final todo queda en nada por defectos na tramitación ou por ter xa prescrito. E por riba ainda lle retiran o entullo a conta do sobrevalorado presuposto do poligono industrial. Pero este páxaro abrelle despois un expediente de reposición da legalidade a calquer paisano por facer un peche ou cambiar a cuberta da casa sen licenza ( e dicir sen ter pagado). Ou multanos por aparcar en zona azul e non decirlle por escrito á hora que chegamos. E xura, na toma de posesion, cumprir e facer cumplir as leis. Será facerlle cumprir as leis aos demais, pois exemplo da moi pouco. Neste tema por non entrar noutros.
Hay dos opciones:
- legalizar todas las canteras actualmernte en situación administrativamente irregular, pero vigilando que cumplan de ahora en adelante la legislación laboral y medio ambiental, dando un plazo de adaptación razonable (dos años como máximo): me parece la solución más sensata.
- expedientar y cerrar todas las canteras en situación administrativa irregular: mala solución, y nefasta económicamente.
La primera solución es teóricamente buena, siempre y cuando haya inspectores suficientes y voluntad política de hacer bien las cosas. Creo que lo que va a fallar van a ser estas dos cosas.
Pois vai ser a segunda opción logo, posto que os empresarios da lousa (alomenos estes que coñecemos por aquí) non están dispostos a asumir os costes que supón a recuperación medioambiental. O que están dispostos é a que os asuma a administración (fondos da UE, por exemplo), o cal, si por riba lle engadimos o resto das subvencións que reciben, resulta nefasto para a economía do país. O beneficio social e económico das canteiras de lousa podémolos valorar perfectamnte en Ortigueira na que duas empresas louseiras (antes tres) non significan para o concello a menor riqueza. Polo menos non contriben a que esto deixe de ser unha zona deprimida económicamente,con moi baixo nivel de renta e salarios por baixo da media autonómica.
Decir que la causa de que Ortigueira esté deprimida son las empresas louseiras es un poco rápido y, sobre todo, poco ajustado a la verdad.
Si se quiere avanzar, habrá que estudiar detenidamente cuales son las causas por las que nadie se instale en Ortigueira y sí lo hagan en As Somozas, por ejemplo.
¿Qué ofrece Ortigueira a una empresa que se quiera instalar? ¿Buenas comunicaciones? no, ¿mano de obra especializada y preparada?, no, ¿terrenos industriales bien equipados?, pocos. Ahí y en otras carencias del mismo tipo está probablemente el verdadero origen del problema.
Permiteme que te corrixa, Santiago: Dixen que as louseiras "non contribúen" ao desenvolvemento económico desta comarca. Non cheguei tan ao fondo como para botarlles a culpa do atraso. Pero xa que estamos neso, direiche que o seu funcionamento me parecen un SÍNTOMA da falta de desenvolvemento non so económico senón social. E achegándonos ao tema das causas ao mellor é unha pescadilla mordendo a cola:O atraso no desenvolvemento social podería ser o primeiro atranco do desenvolvemento económico.
Eu penso que te equivocas, Santiago. Normalmente en ningures veñen sen mais empresas para instalarse. O progreso non chega de fora nin de prestado. Xurde da iniciativa, das aspiracións e as ambicións dos membros da comunidade, e volvendo á nosa, qué se pode esperar dunha comunidade na que os seus membros apenas aspiran a ser cidadáns de pleno dereito? Qué expectativas pode ter unha sociedade que non desexa mais que que todo siga igual? Bueno, non sei se me fun do tema...
En esto estamos de acuerdo: si un pueblo se conforma con lo que tiene, y quiere que todo siga igual, no hay nada que hacer. Y si no hay buenas comunicaciones, ni infraestructuras, ni suelo industrial preparado, etc, etc, aún menos. Pero, como dices, nos hemos alejado del tema.
Recoméndoche a lectura do artigo de Manuel Beiras acerca da industrialización en Galicia , tan lúcido coma sempre na sua analise : http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpini...