Sabemos que van sair moitos a contradicirnos pero imos seguir sostendo que un campo de golf é unha infraestructura deportiva innecesaria nesta vila. Quen defenden a xestión (globalmente) deste goberno municipal se alinearán á beira do golf do mesmo xeito que apoiaron a construción do porto deportivo, e reivindicarán a súa práctica incluso coma o dereito inalienable que todo ortegano de pro estaba esperando dende sempre poder exercer. Sobrevolaremos semellante tesitura social coma se non fose cousa que nos afecte, ainda que finalmente sexa a que decida as eleccións municipais da nosa vila, e instalarémonos na lóxica que penso habitamos normalmente nesta páxina. O golf segue a ser un deporte minoritario: antaño emblema da élite económica que frecuentaba os antes exclusivos clubes, popularizouse algo mais dende fai pouco, multiplicandose de xeito notable a construcción de campos de golf (de 180 a 330 nunha década). Certamente,o número de quen practican este deporte aumenta na mesma proporción que os campos, pero isto non significa que sexa un deporte nin demandado nin rendible en si mesmo. Un campo de golf que ocupa unha enorme extensión de terreo e esixe tan elevado manteñemento, non se sostén coas cuotas dos xogadores. Pero é que o negocio no está no golf senón nas inversións urbanísticas que veñen da súa man. Tanto é así que o 90% das empresas que promoven a súa construción son inmobiliarias que descubriron o “plus” de exclusividade que semellante servizo aportaba as súas ofertas e iniciaron deste xeito a súa promoción. A súa proliferación é pois un fenómeno asociado ao “boom” inmobiliario. Todas as grandes promocións urbanísticas veñen acompañadas do correspondente campo de golf ata o punto de que estanse a converter en si mesmos nun problema medioambiental denunciado pola totalidade das asociacións ecoloxistas, como síntoma do urbanismo descontrolado que os acompaña, pero tamén polos efectos endóxenos que conleva. Os ecoloxistas denuncian nomeadamente o inxente e insolidario gasto de auga que xeneran. Se estima, para un campo de 18 buratos, un consumo superior ao dunha cidade de 150.000 habitantes que desequilibraría gravemente o ecosistema de calquera que fose o territorio que o acollese e que asemade se vería afectado polas altas doses de productos fitosanitarios que se adoitan usar para o manteñemento do céspede. O dano increméntase moito mais nas comunidades costeiras donde os lugares cobizados para a ubicación dos campos son precisamente as zonas sensibles do litoral. As inmobiliarias ven a través de estas instalacións un xeito de ocupar os 500 primeiros metros da costa, posto que a lei que protexe esta franxa non as prohibe expresamente. Deste xeito, segundo Greeenpeace o litoral ameaza con converterse nun extenso “xardín” privado das promotoras (en Galicia se proxectan 17 campos para sumar aos 19 xa existentes, na totlidade de España serán 316). Por se isto fose pouco, en Ortigueira o PXOM en trámite reserva para a instalación do “necesario” campo de golf unha extensa área protexida pola Rede Natura. Necesario, digo ben, para os axentes inmobiliarios que proxectan ocupar aenorme extensión de zonas residenciais que provee o plan urbanístico, e seguramente explotar as instalacións anexas que previsiblemente o acompañarán, a saber, hotel, restaurantes e cafeterías nunha situación privilexiada. Para atender tales necesidades diseñouse o PXOM de Ortigueira e se proxectou un campo de golf. E os que xa estaban pensando como lle sentarían as bermudas a cadros e a viseira, que pensen tamén que están a intercambiar iso polo verdadeiro e impagable privilexio de disfrutar da calidade de vida que aporta unha vila pequena e tranquila,e os valiosos espazos naturais que a rodean, todavía a salvo do urbanismo depredador.
14 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
« ANTONIO CAMPO INTENTA LEGALIZAR A CANTEIRA DE MURAS | Inicio | O URBANISMO DE ORTIGUEIRA SERÁ FISCALIZDO POLO CONSELLO DE CONTAS »



Quen pretendia construir o Campo de Golf?
Quén vai ser? Quén anda a comprar montes por Luama? E mais por Barbos, San Claudio, O Campo da Torre... E por todas a zonas que van a ser recalificadas polo PXOM. Un bo GOLFO.
Pois claro, entre GOLFOS anda o xogo, je je
Es increible que pueda haber gente tan ceporra que no entienda lo que es la civilización, el crecimiento de un pueblo, la modernidad y la suerte y el privilegio de poder vivir rodeado de comodidades dentro de un marco incomparable como es Ortigueira y a su vez pudiendo ofrecer al visitante lo mejor de nosotros mismos, amabilidad, confort y disfrute de las más modernas instalaciones, culturales, hoteleras, sanitarias, deportivas, etc., etc...
No, algunos prefieren morirse de asco durante todo el año mirando para el horizonte como anidan los pajaros en los paradisíacos rincones de nuestra geografía; pero tranquilos, que no se preocupen los que tanto miedo tienen a la civilización; todavía tenemos zonas agrestes en las parroquias del interior donde puedan gritar sin que se les oiga y fastidiar al prójimo sin que molesten demasiado.
Yo me pregunto: ¿de qué mal están afectados quienes quieren condenar al ostracismo y el abandono el lugar que les vio nacer o es que son de extramuros y Ortigueira y los ortigueireses les importamos un bledo?
Eu aposto por unha NUCLEAR, iso si que é civilización. Inmersos de cheo na era átomica poderiamos presumir do mais avanzada tecnoloxia ao pe das nosas casas. Xa non orreriamos de asco mirando as aves da ria. Viva o progreso. Pero para ceporrillas ti amiga Pepa. Que temos os que vivimos nas parroquias? Somos menos civilizados que os da vila? Hai canto complexo destilas. Quen falaba hai anos de sacrnos do ostracismo? Un tal Campo? E que fracasou acaso? E que non estamos na mellor das ortigueiras posibles? Por que criticas tanto? Se mais construtiva e aprecia mais o que temos.
Non entendo, pepa, qué non che gusta? Qué se denuncien as irregulardades urbanísticas e as defeitas medioambientais? Parécenche necesarias para progresar? Dende logo, a idea de progreso que teñen algúns desta vila é tan trasnochada como eles mesmos. Por non falar seu concepto troglodita de civilización. Outros confunden progresar con medrar as contas correntes (as deles). Os demais non nos avergonzamos do noso concello como fas ti. E agora vou mirar un pouco os paxariños antes de que algún aburrrido morto de asco me levante un muro diante da ria para xogar ao frontón (por exemplo).
Pepa, para ceporros ti, macho.
He encontrado el siguiente texto, referente a los campos de golf de la Comunidad Valenciana:
DEMANDAS HÍDRICAS DE UN CAMPO DE GOLF
Inicialmente el golf era un deporte que buscaba el paseo para desarrollar un juego en un medio donde la naturaleza era el escenario de la actividad. Actualmente y especialmente en nuestras latitudes climáticas semiáridas, es una actividad que se desarrolla en un paisaje artificializado idílico, pero que no tiene nada que ver con su medio natural. O sea se ha pasado de un juego que usaba el paisaje natural (en otras latitudes diferentes a las nuestras) a una actividad que recrea un espacio de forma artificial, y que hace un uso insostenible de los recursos naturales. La mayor parte de las tecnologías y técnicas que se aplican en los campos de golf provienen de países con unos recursos hídricos y una pluviometría superiores al que nosotros tenemos en esta parte del mediterráneo. Las especies de hierba utilizadas son importadas de los países centroeuropeos con unos consumos medios de más de 10.000 m3 por hectárea al año. Hay que tener en cuenta que con la alta insolación y la elevada evapotranspiración en la Comunidad Valenciana, esos valores podrían ser mucho mayores. Algunos autores las elevan hasta 15.000m3 por ha. Hay que añadir a ese consumo del césped la evaporación de los numerosos lagos artificiales que se insertan en los campos de golf o entre estos y las urbanizaciones. Teniendo en cuenta que la superficie de un campo de golf oscila entre las 50 y 150 hectáreas, el consumo anual de agua un campo de golf es del orden de 1 millón de metros cúbicos al año, o el equivalente de una ciudad de 12.000 habitantes.
Según este texto el consumo de un campo de golf en la Comunidad Valenciana, donde la evaporación es alta, es el equivalente al de una ciudad de 12.000 habitantes, no de 150.000.
¿Podríais aclarar esto? La diferencia es importante.
Santiago, agradecémosche a puntualización, porque se trata realmente dun erro. As nosas cifras son extraidas de análisis de Ecologistas en Acción que tamén pondera o consumo de auga en 10.000 metros cúbicos e compara co dunha cidade de 15.000 habitantes. Nos engadimos un 0 mais por erro. Presentamos as nosas disculpas. Buscando información atopámonos cun auténtico baile de cifras. A mesma Ecologistas en Acción da noutros lugares cifras comparativas que ascenden ata 69.000 habitantes e ADEGA compara o consumo co da cidade de Ferrol. Quedámonos coa mais moderada. Mais que suficente para cuestionar a sostibilidade destas instalacións.
Dices que la superficie de un campo de golf oscila entre 50 y 150 hectareas, me parece exagerado, no conozco ningún campo de golf de 150 hectareas, ya 50 me parece mucho. quizás debieramos de hablar de 20 o 30 hectareas para un campo de 18 hoyos, con lo cual el millon de metros cúbicos del que hablas quedaria reducido a unos 400.000 y la ciudad hipotetica de la que hablas seria un pueblo de unos 4.000 o 5.000 habitantes, muy lejos de los 150.000 que "malintencionadamente" se dejaron caer al principio. SE NOTA DEMASIADO EL INTENTO DE MANIPULACIÓN, y si el golf es un deporte para una minoria es precisamente por opiniones como las vuestras que posibilitan que solo la gente con mucho dinero pueda acceder a este bello deporte, me parece que lo que quereis es precisamente eso, que solo los ricos lo puedan jugar.
Creo q el problema no es q el golf sea un deporte de ricos o no, mas bien deberiamos preguntarnos si no hay nada mas necesario en este pueblo, si no tenemos nada mas importante q hacer y nuestras otras necesidades estan cubiertas,entonces adelante sere el primero en ir a comprar unos pàlos.
Pois eu non vexo intento de manipulación por ningures. Mais ben penso que comeza a preocupravos o traballo riguroso, independente, documentado e comprometido que está a facer a plataforma Ortigueira Sostible denunciando a explotación e espoliación dos recursos naturais, a especulación urbanistica que non respecta os valores patrimoniais e paisaxísticos que ainda conservamos na nosa Ortigueira.
Pois coa operación "campo de golf Ortigueira", Jese, NÓTASE DEMASIADO O INTENTO DE DAR UN PELOTAZO URBANÍSTICO DOS MÍTICOS que é o que aquí se ven a denunciar, non as aficcións deportivas de ninguén, que me parece que tampouco é o que ti ves a defender.
Os datos proceden de Ecologistas en Acción (http://www.eapv.org/ordena.terri.golf.general.htm). Si ven é certo que para 18 furados, nos lugares onde está regulado por ley, asuperficie MÍNIMA esixible é de 55 hectáreas ( mirar artículo 21: http://www.lexureditorial.com/boe/0701/01300.htm) hai campos de golf moito maiores. Encanto ás esixencias hídricas de un campo de golf, penso que están xa correxidas e contrastadas neste mesmo post.