Reganosa é unha empresa acosada e difamada segundo o seu presidente. Debe ter por unha difamación o informe da dirección Xeral de Urbanismo onde se recoñece que a súa compañía está a infrinxir un Real Decreto (1254/99) e unha normativa europea (Seveso II) relativos ás distancias aos núcleos de población que estas instalacións deben de respectar. E por acoso, defender que estas infracción poñen en perigo a vida da poboación afectada. Deberíamos, pensa, ignorar todo isto e aceptar acríticamente ademais que o interior da ría é a única ubicación donde a pranta é estratéxica para a economía. Deberiamos tamén asumir sumisamente os costes das decisións políticas adoptadas so para beneficio dun empresario. E deberíamos ser tamén sempre cidadáns os que aceptaramos os feitos consumados. Pola contra moitos pensamos que son os cidadáns os acosados, os que están a soportar unha carga que devalua a súa calidade de vida que ninguén pode cuestionar o seu dereito a defender. O presidente de Reganosa ten o poder político da súa parte e tamén á prensa, subsidiaria do poder económico. Non parece esta unha situación de grande indefensión. Calquera diría o contrario. Calquera sabe ben quén é aquí o abusón, pero saiunos chorón este Goliat.