PATRIMONIO VALORA INCOAR EXPEDIENTE SANCIONADOR EN RELACIÓN COAS OBRAS NO CONTORNO DO CAMPO DA TORRE
A subdirección xeral de Protección do Patrimonio Cultural recoñece que as obras da urbanización Parquemar no contorno do castro Campo da Torre promovida pola empresa Os Celtas, propiedade do irmán do alcalde, poden ser constitutivas dunha infracción administrativa en materia de patrimonio por carecer da preceptiva autorización da entidade. Asimesmo “está a avaliar a procedencia de incoar o correspondente expediente sancionador aos presuntos responsables destes feitos”.
Dende a Plataforma Ortigueira Sostible, consideramos satisfactorio o recoñecemento por parte da Consellería de Cultura das razóns legais que motivaron a denuncia pero calificamos de inconsecuente o feito de que non teñan xa intervido cautelarmente abrindo un procedemento de paralización de obras que están a afectar a un ben inventariado do noso patrimonio.



Todo isto haino que trasladolo á fiscalia. Dame a impresión que na administración se lle está dando largas ao tema e cando todo isto remate xa están as casas rematadas e habitadas. Despois xa non hai nada que facer.
Din que na obra se traballa ata pola noite. A iso se lle chama facer política de feitos consumados. Pero cousas mais grandes que esas estanas derrubando e ao mellor quén asinou a licenza está empezando a preocuparse. E non digo eu que isto sexa alleo á dimisión do señor alcalde.
Debe ser cierto pues se ven potentes focos alumbrando por las noches.
Pero no parece q haya mucha prisa por pararlo,poderoso caballero es don dinero.
Vivimos en una €urocracia.
Suelen trabajar hasta las 23.30 más o menos. No siguen por que según tengo entendido, hubo quejas de los vecinos de enfrente debido a los ruidos y claro, con alguno de estos vecinos no deben querer bromas. De todas formas y aunque la obra en sí, no sea ¿legal?, quien primero se pasa las normas por el arco del triunfo es el Ayto. al otorgar licencia de obra. Yo no hago responsable a la promotora de lo que acontece, si no al Ayto. por dar los permisos. Ellos sabrán (técnicos y políticos que firman) los delitos urbanísticos y demás que han cometido. ¿Qué hacen los del BNG y PSOE que no tienen todo en la fiscalía?¿Por qué no sale esto en los periódicos? Más de lo mismo. Por lo de ahora, la oposición sigue en manos de . . . . Al menos el Sr. Carballo y el Sr. Feás demostraron ser personas decentes y los que están aún no han demostrado nada.
Y menos mal que de momento se pudo parar el proyecto de la casa rectoral en el Ponto. Ahora vemos el verdadero interés que tenían en proteger el Campo de la Torre
Agora a responsabilidade é da Dirección xeral de Patrimonio que recoñece as irregularidades pero se abstén de intervir (Por qué?) .Pola súa parte a Dirección Xeral de Urbanismo retrasa o seu informe técnico e a empresa promotora aproveita o tempo co fin seguramente de poñer a administracción ante feitos consumados. A administracción non pode colaborar mais. É grave. E non vexo inocente a ningunha das partes, Pirata.
Todo se fai ca complicidade do PSOE e BNG no concello de Ortigueira. Senon que nos expliquen por que, en cumprimento das suas obrigas, non fiscalizan a decisión pola que se concede a licenza de obras? Por que gardan tan elocuente silenzo? Que agardan para pedir aclaracións á secretaria e arquitecto que informaron favorablemente a concesión da licenza?
Vese claro que os informes non advertiron da necesidade de solicitar o informe preceptivo á Dirección Xeral de Patrimonio, nin da prohibición, expresamente recollida nas normas urbanísticas de Ortigueira, de edificar na zona de proteccion dos castros.