Mais de 10.000 sinaturas e un milleiro de alegacións foron presentadas onte no rexistro da Consellería de Pesca para reclamar a revisión do proxecto, que preveé a creacción de 13 novas piscifactorías e que elevarán o número actual ata 26. Dos tres millóns de metros cadrados afectados algúns forman parte das superficies protexidas pola rede Natura 2000 (particuarmente en Corrubedo donde o novo plan pretende a ampliación das dúas factorías de peixe existentes e a creacción dunha nova). Colectivos e grupos ecoloxistas denuncian os graves danos ambientais, sociais e económicos que ocasionan estas instalacións debido nomeadamente aos verquidos contaminantes que afectan a outras actividades pesqueiras e marisqueiras sen xenerar outro beneficio que o recibido polas empresas ás que non se lles obriga tan sequera a instalar plantas de tratamento de augas residuais.

Ante esta situación os colectivos afectados apoiados polos grupos ecoloxistas convocan unha manifestación para o día 4 de novembro as 12 do serán no porto de Corrubedo. Dende Ortigueira Sostible querémonos facer eco desta convocatoria e difundila para manifestar a nosa adhesión.