Un grupo de veciños afectados pola instalación dunha estación base de telefonía móbil na rúa Francisco Santiago convocan para unha reunión ao fin de :
1) Informar da solicitude de licenza municipal realizada por Telefónica Móviles para a apertura dunha estación base de telefonía móbil a emprazar na rúa Francisco Santiago nº 25 de Ortigueira.

2) Informar dos posibles riscos para a saúde das persoas que residen nas inmediacións dos lugares onde hai instaladas estacións de telefonía móbil.
3) Formular se procede reclamacións, observacións ou outras medidas que nos parezan oportunas para defender a nosa saúde e os nosos dereitos.

DIA: MERCORES 10 DE OUTUBRO DE 2007
HORA: 8 DA TARDE
LUGAR. SALÓN DE ACTOS DO INSTITUTO DE ORTIGUEIRA